Xornada positiva dos alevíns en Camariñas
Os alevíns de Escolas Balonmán Xiria, conseguiron dous triunfos e un empate na xornada de balonmán 5 disputada na mañá de onte en Camariñas. A primeira quenda foi para o…

Os alevíns de Escolas Balonmán Xiria, conseguiron dous triunfos e un empate na xornada de balonmán 5 disputada na mañá de onte en Camariñas. A primeira quenda foi para o Laber Xiria, que se enfrontaba a un dos conxuntos locais, o Camariñas A. Os carballeses mostráronse moi superiores, gañando os catro tempos disputados de forma solvente e destacando pola súa ferrea e intensa defensa. A entrega e o esforzo destes nenos, sobresainte, como de costume.
A segunda quenda, o das 10:50, foi para o LK Xiria, que se enfrontaría ao Ribadosar Delta de Santiago. Os verdinegros, para non ser menos que os seus compañeiros do Laber, igualaron o 8-0 do anterior encontro e superaron ao seu rival, do mesmo xeito que aqueles, dando prioridade á faceta defensiva e ofrecendo un nivel notable en desmárquelos sen balón e os lanzamentos a portería.
Máis dificultades tivo o Xiria Telepizza Carballo no último partido matinal, o que lles enfrontaría ao outro equipo local, o Camariñas B, un potente conxunto mixto que puxo en moitos apretos aos xovenes bergantiñáns. Ao final, moito traballo dos de Carballo, que souberon superar en dúas ocasións o que o seu rival se puxese por diante e acabar empatando o partido 4-4, con dous tempos gañados cada equipo.
Bo nivel por tanto dos tres conxuntos alevíns masculinos que seguen a súa progresión día a día e demostran interesantes melloras cada semana sobre o traballo realizado nos adestramentos.
Fotos en Camariñas:








