Bo partido do Hierros Varela Urbieta Xiria pese a caer na final diante do Culleredo

Final da Copa Galicia Cadete Masculino

Culleredo Remax Riazor 36 – Hierros Varela Urbieta Xiria 30 – (17-19)

Este sábado no Pavillón do Gatañal en Cangas disputaban a Final da Copa Galicia o campión e subcampión da pasada tempada Culleredo Remax Riazor e Hierros Varela Urbieta.
Saíu moi centrado o Hierros Varela Urbieta no inicio do encontro, sorprendendo ao seu rival cun ataque incisivo e resolutivo diante da portería, tamén en defensa a anticipación do Xiria propiciaba que o Culleredo se atascase e cede balón para as saídas a contra. Foise recompoñendo o rival co paso dos minutos, cerrando mellor a defensa e resolvendo no ataque o que permitiu ir ao descanso con vantaxes mínimas dos de Carballo.
Na segunda metade o Xiria sucumbiu ao maior ritmo imposto dos de Culleredo que aproveitaron sobre todo as numerosas veces que o Hierros Varela Urbieta se quedaba en inferioridade. Por veces o Xiria era quen de igualar forzas no encontro pero os fallos en lanzamentos claros e o porteiro do Culleredo fixeron posible chegar con opcións ao final do encontro.
Boas sensacións neste primeiro partido oficial e motivación para seguir traballando de cara a unha ilusiónante tempada

Culleredo Remax Riazor 36 (17): Hugo García, Teo 4, Alex 1, Xoan Canedo 6, Fabián, Xoan Bello 3, Jorge 1, Jaime 5, Roi 6, Iago 2, Hugo Rodríguez 7 e Diego 2

Hierros Varela Urbieta Xiria 30 (19): Izan Cabeza, Xano Pombo e Daniel Marta(porteiros) Andrés Pombo 4, Alvaro Gómez 1, Nico Cancela 9, Saúl Fuentefría 5, Marcos Varela 8, Pablo Fraga, Lucas Fajardo 2, Xabi Fernández, Unai Cotelo, Nico Mejuto, Rubén Nogareda, Andrés Pedreira 1

Arbitraron: Henrique Folgoso e Pablo Barreiro