Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

Bo partido e dous puntos máis para o Garaysa Xiria

O domingo pola mañá xogaba o Garaysa Xiria en Carballo, facíao ante o Bm Chapela. Os de Redondela son un equipo perigoso en ataque e así o demostraban ao comezo;…

O domingo pola mañá xogaba o Garaysa Xiria en Carballo, facíao ante o Bm Chapela. Os de Redondela son un equipo perigoso en ataque e así o demostraban ao comezo; onde o marcador reflectía un empate a 3. Tería que empregarse a fondo en tarefas defensivas o conxunto carballés. Unha vez axustada a defensa e non permitindo chegar a zonas de eficacia aos visitantes, o equipo conseguía roubar balóns con gran esforzo por parte de todos. Empezaba a abrir brecha no marcador cun parcial de 8-0 en 10 minutos que deixaba ao Chapela moi tocado.
Non baixaría o ritmo do partido o Garaysa que ao descanso xa gañaba por 18 a 6.
Na continuación, e co choque sentenciado, a mobilidade en ataque á hora de xogar sen balón por parte do Garaysa complicáballe moito as cousas ao Chapela que tratou de facer o seu partido, pero atopouse en todo momento co bo facer carballés.

A seguinte xornada o Garaysa Xiria viaxa até Pontevedra para enfrontarse ao Bm Cisne.
Incidencias: Partido disputado non pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Pablo Manuel Barreiro Suárez do colexio galego. 7 metros: Garaysa Xiria 1/1 Bm Chapela 1/3.
Marcador cada 5 minutos: 3-3, 7-4, 11-4, 16-4, 18-6, descanso, 23-8, 25-11, 29-13, 30-15, 35-16.
GARAYSA XIRIA 35 ( 18 + 17 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (2), Carlos Varela (5), Mario Cancela (2), Daniel Mallo (7), Fernando Mallo (6), Juan Pereira (3), Diego Antelo (1), Julián García (3), Javier Rodríguez (2), Antonio Calvelo (4), Pablo Esmoris.
BM CHAPELA 16 ( 6 + 10 ): David Pastor, Jorge Domato (6), Diego Dávila, Xavier Domínguez, Gabriel Igrexas, Roave De Arcos (1), Marcos Serrano, Manuel González (5), Anxo Fontán (3), Anxo Silveira.

Próximo partido

Máis sobre isto