O factor físico derrota a un Punta Del Este Xiria que continúa a súa progresión
O factor físico foi determinante no encontro que disputaron o BM Xallas e o Punta do Leste Xiria este Domingo na categoría infantil feminino. As de ST. Comba, na súa…

O factor físico foi determinante no encontro que disputaron o BM Xallas e o Punta do Leste Xiria este Domingo na categoría infantil feminino. As de ST. Comba, na súa maioría un ano maiores que as de Carballo, explotaron ese factor ao máximo, sacando proveito dunha defensa 6:0 moi compacta e pechada, infranqueable para as de Xiria ante a antropometría do seu rival. É certo que as locais comezaron o encontro cun acerto e unha intensidade moi alta, feito que lles levou a adiantarse con 5-1 no marcador, pero non é menos certo que as nenas do Punta Del Este, comezaron a sacar partido ao contragolpe en canto conseguiron acumular catro defensas seguidas. O mando do partido daba a volta e eran agora as verdinegras as que dominaban, facendo dano tamén no posicional coas súas penetracións en carreira. O encontro pasaba daquel 5-1 ao 7-6 actual e o adestrador local víase obrigado a solicitar tempo morto para dar novas instrucións. Coa volta á pista e o cambio da defensa do Xallas a 6:0, é onde comezaron os problemas para as bergantiñás, que se viron superadas `pola superioridade física do seu rival. A retagarda local mantivo esa estratexia durante toda a segunda parte e iso lévolles a un claro triunfo no día de hoxe. Pola súa banda, as nenas de Punta Del Este Xiria, conseguiron realizar un bo traballo en base ao que se está adestrando, igualando ao seu rival nos aspectos ´técnico tácticos nalgunhas fases do partido e mesmo superándoas, como foi o caso neses minutos do primeiro acto.
- Xallas «B»: 32(14+18). Mastena Loss (12), Sara González, Julia Pereira (5), Antía Oreiro (2), Carla Rodríguez (2), Laura Loss, Aida Varela, Miriam Capelo (6), Zaira González (5), Lucía Rodríguez, Leticia Souto.
Punta Del Este Xiria: 19(7+12). Elena Collazo (p), Ana Pombo, Carmen Eirín, Natalia Cancela, Paula Bouzas, Marta Gómez (4), Lucía España (6), Lara Otero (2), Anna Hernández, Alba García (2), María García, Nerea Varela, Nina Pereira (5).
Colexiado. Gabriel Folgoso.
Fotos do encontro:











