Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

Boa primeira parte do Garaysa Xiria para conseguir os dous puntos

Na mañá do sábado; viaxaba ata Vigo o Garaysa Xiria, para enfrontarse ao Seis Do Nadal. Partido que se presentaba con favoritismo carballés; dada a posición na clasificación; con dous…

Na mañá do sábado; viaxaba ata Vigo o Garaysa Xiria, para enfrontarse ao Seis Do Nadal. Partido que se presentaba con favoritismo carballés; dada a posición na clasificación; con dous conxuntos pelexando por diferentes situacións. O Garaysa Xiria; tras os primeiros 25 minutos; non deu lugar á sorpresa; aproveitando en parte; a velocidade nos contraataques e a efectividade de Darío na portería, para establecer unha diferenza de 8 a 21 ao descanso.

A segunda parte foi máis igualada; xa que o Seis do Nadal; cunha defensa moi presionante, puxo en dificultades aos carballeses, que baixaron en demasía en labores defensivos. O parcial foi de 20 a 22. O que deixou un resultado final de 28 a 43, con dous novos puntos para o Garaysa; que se mantén segundo, e tras o parón do Nadal, enfrontarase ao Luceros, actual líder. Veremos como afronta o período vacacional o equipo; para tratar de competir e conseguir os puntos dun choque que se disputará en Carballo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón de Coia ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Iago César Rodríguez Dos Santos do colexio galego.

SEIS DO NADAL 28 ( 8 + 20 ): Nicolás Gallego, Diego Raposo, Martín Campos, Xoel Guimerans, Hugo Molares, Gabriel García, Antón Seijo, Javier García, Iago Feijoo, Mario González, Fernando Plaza, Pablo Fernández, Samuel Senra.

GARAYSA XIRIA 25 ( 14 + 11 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Julián García, Martín Fuentes, Miguel Goimil, Alberto Rodríguez, Alberto Suárez, Pedro Porteiro, Samuel Veiga.

Próximo partido

Máis sobre isto