Cómoda vitoria do Hierros Varela Urbieta diante do Ribadosar

Ribadosar Táboa Asesores 20  Hierros Varela Urbieta Xiria 35 – (11-17)

Na mañá do domingo o Hierros Varela Urbieta rendía visita ao derradeiro clasificado, o Ribadosar Táboa Asesores, partido fácil para os carballeses para pechar o ano.

Dominou o encontro dende o principio o Xiria, a base de mobilidade do balón foi impoñendo no marcador a diferenza suficiente para xogar cómodo, pero a vez foi cedendo terreo en defensa o que propiciaba que o rival tamén marcase con certa facilidad.

Tras o 11 a 17 do descanso, o Hierros Varela Urbieta tivo que aplicarse con maior intensidade en defensa para frear ao rival e pode facerse con amplia diferenza no marcador final. Dous puntos a falta de dous encontros para final a Liga que domina o equipo carballés.

Balonmán Ribadosar 20  (11) Sergio Ferreiro e Mate Coira (porteiros) Anxo Pazos 2, Diego Capella, Alvaro Garnelo 2, Roque Coira 4, Carlos Novás 2, Jorge Negreira 1, Roberto Díaz 2, Manuel Durán, Michael Walter e Dorian Hermida 7

Hierros Varela Urbieta Xiria 35  (17): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Franco Rial 6 , Carlos Varela 7, Aaron Rodríguez 2, Manuel Rama 4, Fernando Mallo 6, Xurxo Díaz 3, Pablo Esmorís 1, Alex Puñal 2, Javi Rodríguez 1 e Toni Calvelo 4.

 

Arbitrou: Wallace Moreira, sen complicacións