Boa primeira parte que leva ao Garaysa Xiria á vitoria
Viaxaba até A Coruña o Garaysa Xiria, para enfrontarse no derbi provincial ao Oar, equipo con similar potencial físico, e que ía esixir aos de Carballo máxima atención no xogo.…

Viaxaba até A Coruña o Garaysa Xiria, para enfrontarse no derbi provincial ao Oar, equipo con similar potencial físico, e que ía esixir aos de Carballo máxima atención no xogo.
Intercambio de golpes ao comezo do encontro; con estilos totalmente diferentes por parte de ambos conxuntos. Así o xogo pausado dos locais contrastaba ca rapidez coa que querían levar o xogo os visitantes. Unha tarefa de desgaste por parte dos xogadores do Garaysa que se vería recompensada a partir do minuto 18 da primeira parte, rompendo a igualdade cun parcial de 3 a 9, na que Mario Cancela foi o protagonista e que lle daría vantaxe ao descanso, cun resultado de 11 a 17.
Na continuación, os carballeses manterían a tónica dos primeiros 25 minutos, dominando os tempos do partido, sen permitir ao seu rival hacercarse ao marcador en ningún momento, o que levou o resultado final ao 24 a 35 co que os carballeses suman dous novos puntos na clasificación.
A seguinte xornada o Garaysa Xiria, recibe en Carballo, ao Nova Xestión Pavillón.
Incidencias: Partido disputado no pavillón San Francisco Javier con aproximadamente 150 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Orlando Builgo do colexio galego. 7 metros: Oar Coruña 2/3 Garaysa Xiria 1/2
Marcador cada 5 minutos: 3-3, 6-7, 8-9, 8-12, 11-17, descanso, 14-22, 17-26, 20-30, 22-33, 24-35.
OAR CORUÑA 24 ( 11 + 13 ): Antón Mogin, Pablo De Padro, Fernando Carreira, Alejandro Palacios, Áñvaro Deus, Iván Vázquez, Ramón López, Nicolás Pérez, Marcos López, Mateo Martín, Diego Piñeira.
GARAYSA XIRIA 35 ( 17 + 18 ): Pedro Pena [p], Aarón Rodríguez, Carlos Varela (4), Mario Cancela (13), Daniel Mallo (5), Fernando Mallo (3), Juan Pereira (2), Diego Antelo (2), Julián García (4), Miguel Goimil (2), Antonio Calvelo, Pablo Esmoris.


