Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socioBuscar

Infantil masculinoInfantil masculino B

Boa vitoria do Garaysa ‘B’ ante o Narón

Segunda vitoria para o Garaysa B na Liga Prata logo dun partido que dominou de principio a fin. Garaysa Xiria B 38 – Balonmán Narón 12 Garaysa Xiria: Román Pérez,…

Segunda vitoria para o Garaysa B na Liga Prata logo dun partido que dominou de principio a fin.

Prev 1 of 1 Next

  • [

    [INF. MASC.] GARAYSA XIRIA B vs ERROR! FERROL BALONM?N NAR?N

    [INF. MASC.] GARAYSA XIRIA B vs ERROR! FERROL BALONM?N NAR?N

    ](#HFFnlqclDS4 "[INF. MASC.] GARAYSA XIRIA B vs ERROR! FERROL BALONM?N NAR?N")

Prev 1 of 1 Next

Garaysa Xiria B 38 – Balonmán Narón 12

Garaysa Xiria: Román Pérez, Pablo Seoane (1), Manuel P. Mira (9), Diego Varela, Héctor Castro (11), Manuel P. Fieira (7), Rodrigo Castiñeiras (3), Dani Valencia (4), Pablo Martínez (3), Iker Martínez e Antón Cortés.

Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Fogar (Carballo)

Visitaba Carballo o Balonmán Narón na segunda xornada da Liga Prata e o encontro comezaba moi ben para os de Carballo que dende o inicio impuxeron un ritmo moi alto onde predominaron os roubos de balón e o rápido contrataque. O partido avanzaba e o Garaysa non quixo baixar o nivel en ningún momento para chegar ao descanso cunha ampla diferencia de goles.

Na segunda metade, e xa co encontro decidido, os de Carballo baixaron a intensidade en ataque, pero conseguiron mantela atrás para finalizar o partido con tan só 12 goles encaixados.

A vindeira semana o Garaysa ‘B’ xogará na pista do Línea 21.

Próximo partido

Máis sobre isto