Boas sensacións dun Calvo Xiria que prantou cara ao Teucro

O Calvo Xiria deixou moi boas sensacións, sobre todo na primeira metade, ante un rival de categoría superior como é o Teucro e o cal sufriu en carnes propias o bo facer dos carballeses e que tivo que suar a gota gorda para que a vitoria se quedase en terras pontevedresas.

SD Teucro 31 – 25 Calvo Xiria (16-15 ao descanso)

Primeira parte vistosa na que ambos conxuntos mostraron un gran nivel de xogo.

A defensa 6:0 plantexada polo Calvo Xiria, sumado ás paradas de Antonio Mato, fixo o efecto necesario e dificultou os ataques dun equipo de categoría superior, como é o Teucro, sendo o apartado defensivo dos carballeses a nota máis destacada do encontro.

En fase ofensiva, os verde e negros probarían diferentes sistemas e o seu bo facer produxo que a igualdade fose máxima en todo momento e que se chegase ao descanso cun axustado 16-15.

Xa á volta de vestiarios, seguirían as probaturas do Calvo Xiria e os carballeses cambiarían a súa defensa a 5:1, alternando con Mario Cancela e Carlos Varela no avanzado, e estes sufrirían un pouco máis, aínda que as intervencións de Rökkvi Pacheco non permitiron que os visistantes se marchasen en exceso no marcador.

No que respecta ao plano ofensivo, na tarde-noite deste venres ante a baixa de Chimpo, Diego Antelo asumiu galóns e iso axudou para que se puidese ver a mellor versión do xove xogador carballés, quen foi dos máis destacados do encontro xunto aos porteiros.

A pesares disto, Teucro parecía que xa tiña o encontro practicamente visto para sentenza, para nada máis lonxe da realidade xa que nos minutos finais, o Calvo Xiria deu un acelerón que o achegou no marcador pero cando estaba preto de meterse na loita polo partido, unha exclusión acababa coas posibilidades dos carballeses, quenes viron como a vitoria se quedaba en Pontevedra despois de que o conxunto azulón pechase o envite co 31-25 no instantáneo.

Foto: SD Teucro