A previa da xornada: O Calvo Xiria feminino inicia a competición ligueira

Comeza o bo, xa que as nosas rapazas, o Calvo Xiria dará o pistoletazo de saída á competición ligueira e para ilo poñer rumbo á terra das termas, á cidade das Burgas, onde se verá as caras co De Pueblo Carnicería BM Pabellón, un rival que coñece á perfección e que sabe que lle vai a poñer as cousas moi complicadas ás rapazas dun Manu López que analizou este comezo de liga co noso departamento de comunicación.

No que respecta ao Calvo Xiria masculino terá dobre sesión esta fin de semana, posto que terá dous encontros de preparación de cara a ese comezo de liga do 25 de setembro.

A primeira das citas será este venres ás 21.00h. en terras pontevedresas, a onde viaxará para enfrontarse a un conxunto de categoría superior nunha proba esixente e de nivel para uns carballeses que tratarán de poñerlle as cousas moi pero que moi difíciles aos xogadores da Sociedade Deportiva Teucro.

Por outra banda, o sábado, o Calvo Xiria afrontará o segundo asalto da fin de semana ante un conxunto da mesma categoría pero do grupo B como é o Unión Financiera BM Base Oviedo, no que se agarda que sexa un emocionante partido que faga vibrar a todos aqueles que acudan ao Vila de Noia a partires das 18.00h.

Ao igual que os sénior, os xuvenís do Laber Xiria A, tamén terán que facer fronte a dous encontros da Copa Galicia nesta fin de semana, ámbolos dous ás 12.30h. no Vila de Noia. O primeiro deles será o sábado ante o Seis do Nadal e o do domingo, os carballeses veranse as caras co BM Lalín.

Nesta fin de semana, os rapaces de Brais Puñal tratarán de reencontrarse e ir collendo sensacións para olvidar o resultado do anterior partido copeiro ante o Tui.

Polo seu lado, as rapazas do Hierros Varela Urbieta Xiria viaxarán ata terras viguesas para afrontar o último encontro da fase de grupos da Copa Galicia xuvenil feminina. Logo de dous auténticos partidazos das rapazas de Manu López que se solventaron cun empate e unha derrota, as carballesas queren continuar con esa boa liña que veñen mantendo e lograr un novo triunfo ante o Carballal.

Seguindo en clave copeira, os equipos do Grupo Lemaco Xiria A e B afrontarán sendos partidos ante o Lavadores e o Carnes Do Ribeiro – Ourense Termal, respectivamente. No caso do noso cadete A debutará nesta competición, mentres que o B chega a esta xornada logo dunha vitoria contundente na pasada xornada.

Mentres tanto, as rapazas do Punta del Este Xiria que dirixe Zarra, viaxarán ata terras cullerdenses para disputar o segundo encontro da Copa Galicia infantil feminina, na cal esperan que as boas sensacións continúen e que se convirtan nunha vitoria que premie o seu bo traballo.

Quen tamén terá partido copeiro é o Garaysa Xiria  de Jorge Bouzas, o cal debutará nesta Copa Galicia infantil masculina nun encontro no que se verá as caras cun CP Lucense que vén de gañar contundentemente ao Sar e que visitará a capital de Bergantiños para seguir con esa xeira triunfal ante uns carballeses que tratarán de dar o mellor de si mesmos para que os dous puntos se queden no Vila de Noia.