Bos puntos do Marmolería José Rey Xiria
Na mañá do domingo o Marmolería desprazábase até A Coruña para xogar contra o Liceo, na terceira xornada da Cópa Deputación. Ao comezo do choque, o Liceo non era capaz…

Na mañá do domingo o Marmolería desprazábase até A Coruña para xogar contra o Liceo, na terceira xornada da Cópa Deputación. Ao comezo do choque, o Liceo non era capaz de atopar espazos na aguerrida defensa visitante, que cun bo traballo de axudas e boas recuperacións de balón conseguía distanciarse no marcador.
Nese momento o Liceo baixaba o seu defensa e os carballeses empezaban a ter problemas de cara ao gol, donde os ataques atascábanse polo centro. Chegábase ao descanso 8-13.
Na continuación, o Marmolería José Rey circulaba ben o balón cos desprazamentos dos extremos e as saídas a recibir do pivote, o que facilitou a procura de espazos na pechada defensa local. Só os fallos de lanzamento imposibilaron unha diferenza maior no marcador.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Colexio Liceo ante 100 seareiros. Colexiado: Orlando Buelga Pedreira do colexio Galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Pablo Esmoris (10´), Manuel Varela (31´) e Antonio Calvelo (49´) por parte do Marmolería José Rey Xiria.
LICEO 17 ( 8 + 9 ): Mateo Díaz (3), Noel Cando (1), Daniel Paresto (4), Guillermo Brion (4), Tomás Castelo, Diego Fernández (1), Pablo Fernández (1), Mario Aguilar, Mario Ballas, Iago López (3)
MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 27 ( 13 + 14 ): Pedro Pena [p], Manuel Varela (2), Paulo Collazo (2), Aaron Rodríguez (5), Javier Rodríguez, Carlos Varela (4), Fernando Mallo (5), Pablo Esmorís (4), Diego Rodríguez (3), Antonio Calvelo (2)