O Grupo Lemaco suma unha nova vitoria fronte o S.D. Teucro e mantense a un punto da 3ª praza
Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria están decididos a arrebatarlle a 3ª praza ao Academia Octavio e abofé que están facendo todo o posible para conseguilo. Coa vitoria deste Sábado…

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria están decididos a arrebatarlle a 3ª praza ao Academia Octavio e abofé que están facendo todo o posible para conseguilo. Coa vitoria deste Sábado fronte o Teucro os carballeses suman a súa 5ª vitoria consecutiva e o máis importante, despregando un gran xogo que demostra que están no seu mellor momento da tempada.
Este Sábado fronte ao Teucro o Grupo Lemaco volvía empregar a súas mellores armas para levarse o encontro: intensidade defensiva e moita velocidade nas transicións. O Xiria saía con moitas ganas e nos primeiros compases do encontro acadaba as primeiras vantaxes de 2 e 3 goles, sen embargo os pontevedreses mantíñanse no encontro grazas á efectividade dos seus extremos. Mediada a primeira metade o Xiria cambiaría o sistema defensivo a unha 6-0 tentando reducir os espazos atrás. O cambio non tardaba en dar os seus froitos: ao Teucro custáballe moito acadar gol e pouco a pouco ás vantaxes a prol do Xiria foron medrando para chegar ao descanso 8 goles arriba (14-22).
Na segunda metade o Grupo Lemaco mantivo a fame de cara a gol e a velocidade nos contragolpes era vertixinosa. O Teucro vía impotente como os visitantes ían aumentando a distancia no marcador para rematar co 23-41 definitivo.
Os 16 cadetes do Xiria que estaban convocados puideron disputar de minutos de xogo e o equipo sae moi reforzado deste encontro. A motivación é máxima para recibir na vindeira xornada ao Seis do Nadal en Carballo, actual líder da táboa.
S.D. Teucro – 23 (14+9): Miguel, Manuel (2), Martín, Anderson (3), Anxo, Diego (6), Tomás (1), Juan, Eduardo, Sergio, Juan (2), Evaristo (2), Diego, Mario (7) e Javier.
Grupo Lemaco Xiria – 41 (22+19): Jose (1), Tasende (4), Fran (8), Antón (4), Vila (11), Miguel (1), Pombo, Ronaldo (1), Andy (3), Mario, Roi (2), Renzo (1), Urbieta (3), Pedro (2), Manuel e Samuel.
Marcador cada 5 minutos: (2-5), (6-9), (9-13), (10-15), (11-17), (14-22) // (16-25), (18-30), (20-32), (22-34), (22-37) e (23-40)
Clasificación trala 18ª xornada:
Galería de fotos do encontro:
