BRAIS PUÑAL, SEGUNDA INCORPORACIÓN DO CALVO XIRIA
Brais Puñal Domínguez (Carballo, 1993) é a segunda incorporación do equipo que prepara Marcos Rodríguez para a campaña 2011-2012. O xove xogador carballés, formado dende cativoi na base do Xiria,…
Brais Puñal Domínguez (Carballo, 1993) é a segunda incorporación do equipo que prepara Marcos Rodríguez para a campaña 2011-2012.
O xove xogador carballés, formado dende cativoi na base do Xiria, incorpórase ao equipo sénior provinte do equipo xuvenil do Ifecgás Pereira Xiria, do que era o capitán. Destaca pola súa polivalencia, xa que se pode desenvolver en postos da 1ª e da 2ª liña, e polo seu carácter e intensidade que pon en cada acción de xogo.
Unese así a Sergio Facal como as únicas «caras novas» do equipo, de momento, posto que directiva e corpo técnico continuan a traballar para realizar algunha incorporación máis.