COPA GALICIA – 1ª ELIMINATORIA
20/08/2011 CALVO XIRIA 36 – BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 26
Calvo Xiria 36 (18+18): Iago [p], Cuco (5), Álex Zas (4), Pablo (7, 2 de 7 m), Jesús (2), Manu, Ángel -equipo inicial- Iago [p], Naya [p], Álex García (3), Dubra (5), Sergio (3), Javi Zas, Chimpo (4), David (3).
Bm. Camariñas Conservas Boya 26 (7+19): Víctor [p], Alan (1), Felipe, Quin (5, 1 de 7 m), Moncho, Catalán (2), José Ramón (2, 2 de 7 m) – equipo inicial- Cristian [p], Lalá [p], Fari, Fabián (4), Caamaño, Borja (4), Salva (3), Xavi (2), Perón (3).
Colexiados: Martín Rodríguez e Tatiana González.
Marcador: 1– 0, 4 – 2, 8 – 3, 12 – 4, 14 – 6, 18 – 7 (descanso); 20 – 8, 23 – 10, 27 – 14, 31 – 17, 33 – 24, 36 – 26 (final).
O Calvo Xiria pasou o seu primeiro test de pretempada con solvencia. Os de Carballo pasan a 1ª eliminatoria da Copa Galicia de xeito cómodo.
Os rapaces de Marcos Rodríguez dominaron o marcador durante todo o encontro, agás nuns primeiros máis igualados, grazas ás boas intervencións do meta visitante Víctor.
O seu próximo rival, xa en cuartos de final será o Cisne Balonmán, dos ex-Xiria Iván Amarelle e David Amor, partido que se disputará tamén na Zona Escolar de Carballo. O gañador pasará e, previsiblemente, organizará á Fase Final entre os catro mellores.