JAVI ZAS, NOVA FICHAXE DO CALVO XIRIA
Javier Zas Rey (Carballo, 1985) é a terceira incorporación do Calvo Xiria para esta tempada, na que o actual subcampeón ligueiro volverá a competir na 1ª División Estatal, terceira categoría…
Javier Zas Rey (Carballo, 1985) é a terceira incorporación do Calvo Xiria para esta tempada, na que o actual subcampeón ligueiro volverá a competir na 1ª División Estatal, terceira categoría en importancia do balonmán español.
Javi Zas, xogador formado na base do Xiria dende cativo, debutou no primeiro equipo, xunto con Alberto Salgado, cando ambos aínda eran xuvenís, na campaña 02/03 da man de Javier Barrios. Durante esa tempada Javi compaxinou o equpo de 1ª Estatal co equipo que, naquel momento, tiña o club na 2ª Nacional e que dirixía Fran del Valle.
Permaneceu no Calvo Xiria durante 5 tempadas, tendo de adestradores a Javier Barrios, Juan Fernández, e no último ano a Gregorio Vendrell e Tachi Patiño, campaña na que o equipo descende a 2ª Nacional.
Comezou a seguinte tempada, 06/07, co Calvo Xiria en 2ª Nacional, baixo as ordes de Marcos Rodríguez pero, por motivos laborais, víase obrigado a deixar o equipo a metade de campaña.
Posteriormente militou, nos cursos 08/09 e 09/10, no Balonmán Ártabro, en 2ª Nacional, deixando de xogar, de novo, a pasada tempada por motivos laborais.
Trátase dun xogador que pode desenvolver o seu xogo en calquera das posición da 1ª liña, ou incluso no extremo, pero a súa especialidade é no central onde, coa súa calidade e dinamismo que aporta ao xogo de conxunto, será una peza importante na engranaxe do equipo.
Destacar que compartirá vestiario co seu irmán menor, Álex, detalle que lles fai unha especial ilusión aos dous irmáns Zas.