BUEU ATL. 20 – CALVO XIRIA 24

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 16
09/02/2013 BUEU ATL. 20 – CALVO XIRIA 24

Bueu Atl. 20 (10+10): Simes [p], Mauro (4), Jacobo (2), Sergio (6), Pablo (2), Miguel (4), Daniel (2) -equipo inicial- Andrés, Francisco, Santiago, David, Abel.
Calvo Xiria 24 (10+14): Kike [p], Ramón, Jesús (3), Chimpo (1), Gonzalo (1), Manuel (8), Sergio (6) -equipo inicial- Iago [p], Jorge, Pablo (3), Dubra (1), Cuco (1), Rubén.
Colexiadas: Carla Diz Sierpes e Ana Correa Araújo da Federación Territorial Galega. Excluíron aos locais Pablo (14´) e Santiago (37´), tamén aos xogadores visitantes Ramón (´ e 26´), Chimpo (36´) e Cuco (41´), amosaron cartón vermello directo a Cuco (41´).
Marcador: 3-2, 4-5, 5-6, 7-8, 10-8, 10-10(descanso); 12-12, 14-15, 15-15, 16-20, 18-22, 20-24 (final).
7 metros: Bueu Atl.: 3/6 ### Calvo Xiria: 1/2
150 persoas na grada do Municipal del Bueu, entre os cales 25 seareiros carballeses animaron aos seus sen descanso.

Xogaba de novo lonxe do Municipal Vila de Noia o Calvo Xiria, desta volta en Bueu ante un equipo que precisaba os puntos para tratar de ir escapando dos postos de descenso o que o facía moi perigoso. Non fixeron os verdibrancos o seu mellor xogo nesta fría tarde de sábado na que a falla de xogo bonito houbo emoción no marcador, e o máis positivo para os carballeses: acadaron dous puntos.

Os primeiros trinta minutos foron de igualdade máxima, con parciais favorables a un e outro equipos alternativamente, sen que ningún conseguise asentarse definitivamente no encontro. Espeso o ataque carballés, ao que había que engadirlle pouca efectividade ante a portería local, confiou o seu bagaxe ofensivo a Sergio. Así as cousas non sorprendeu que o resultado ao descanso fose de empate a 10.

A segunda metade levaba a mesma tónica que os primeiros trinta minutos, pero todo cambiou cando as colexiadas do encontro amosaron un cartón vermello directo a Cuco, que ven podía ter sido unha sanción de dous minutos. Logo de superar unha situación de catro minutos en inferioridade numérica e con empate a 15 os carballeses tiraron de calidade e orgullo para cun parcial de 1-5 deixar visto para sentenza o encontro. Neses intres as paradas de Iago e a profundidade en ataque de Manuel foron decisivas.

A vindeira xornada o balonmán volve a Carballo. Será nun duro partido ante o Seis do Nadal. Mais contará o Calvo Xiria co apoio dos seus seareiros que xogarán de seguro un papel determinante neste enfrontamento.