IFECGÁS PEREIRA XIRIA 36 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES 24

XORNADA 15

09/02/2013

Ifecgás Pereira Xiria: 23 (18+18): Zúpez, Edu (2), Martín (10), Javi (1), Jorge (8), Julián (4), Rubén Gómez (3) -equipo inicial- Rubén Anes (3), José, Alberto (2), Óscar, Iván, Fidi, Calvete (3).

Las Cinco Jotas Lavadores: 24 (13+11): Mario, Óscar (7), Aaron (6), Borja (7), Cristobal (2), Adrián, Nicolás (1) -equipo inicial- Carlos, Raul, Pablo, Sergio, Jorge (1), Calvo, Noel.

Colexiados: Lucas Crespo e Pablo Álvarez.

Partido vital para o Ifecgás Pereira Xiria o disputado o pasado Sábado na pista do Vila de Noia. Os visitantes, Las Cinco Jotas Lavadores, xa foran un rival moi duro na primeira volta e de feito, os de Xiria, perderan alí un dos tres puntos que deixaron escapar no que vai de liga.

Para o Xiria era unha final, xa que de perder, o Balonmán Lalín podería alcanzar aos carballeses no primeiro posto da táboa clasificatoria e isto a unha semana de que os dous equipos se enfronten entre eles.

Pero os bergantiñáns saíron a pista totalmente concentrados, recordando ao mellor Ifecgas Pereira de anos anteriores, competitivo ao máximo e sen errar nos momentos claves. Deste xeito, a primeira parte foi sempre local, apoiándose na intensa labor defensiva e no acerto da portería. De calquera modo, os primeiros compases estaban a ser de moita igualdade no marcador que no paso polo minuto dez sinalaba un axustado 5-4 a prol dos locais. A partir deste intre os olívicos comezaron a estar máis erráticos nos lanzamentos dende os nove metros, situación que aproveitaron os carballeses para distanciarse nos últimos parciais de dez minutos (8-6 e 5-3) para deixar un marcador cómodo e amplo cara a reanudación (18-13).

Pouco cambiaron as cousas no inicio da segunda parte e os de Xiria comezaban coa quinta marcha posta, tal e como terminaran o primeiro acto. Decididos a evitar posibles sorpresas de última hora, os carballeses mataban practicamente o envite cun 7-3 de parcial nos primeiros dez minutos da reanudación, que parecía deixar xa un marcador insalvable para os de Lavadores (25-16). Así foi e a partir deste momento o Ifecgas Pereira gustábase no xogo e alcanzaba diferencias por enriba dos dez goles fronte un equipo entregado xa á superioridade dos de Carballo no día de hoxe.

Os dous puntos en xogo e a contundencia do resultado, dan confianza para afrontar a fin de semana que ven unha verdadeira final en Lalín contra o equipo da localidade dezana, segundo clasificado detrás dos de Carballo e a tan só dous puntos. Un partido vital cara o título de campión galego, se temos en conta que, despois de este encontro, tan só quedarán seis partidos en xogo para o remate da liga.