GARAYSA XIRIA 26 – ACADEMIA OCTAVIO 30

XORNADA 15

03/02/2013

Garaysa Xiria: 26 (15+11): Fran, Vila (4), Tito (2), Carlos (5), Xurxo (2), Juanca (6), Antonio, Daniel (2), Brais (3), Ronaldo, Antón (2) e Souto

Academia Octavio: 30 (14+16): Andre (3), Daniel, Bruno (4), Gonzalo (8), Pedro, Lois, Samuel, David (4), Carlos (6) e Diego (5)

Colexiados: Ángel Mateos e Óscar Iglesias

O Garaysa Xiria, que chegaba a este encontro tras un racha de catro vitorias, non puido sumar dous novos puntos neste igualado duelo contra o Octavio de Vigo.

O encontro comezaba con moitas imprecisións por parte dos dous equipos, os nervios afloraban ante o igualado partido que quedaba por diante. Pese as numerosas imprecisións tanto nas finalizacións coma nas transicións, o Xiria pronto se colocou por diante e foi todo o primeiro tempo mandando no marcador. As elaboracións en ataque eran boas, o equipo xogaba con continuidade e con moita intención de gol, pero no momento de finalizar errabanse demasiados lanzamentos claros, o que non permitiu ampliar a diferenza co Octavio a pesar de facer un mellor xogo.

Tras o descanso os visitantes saíron moi fortes e non tardaron en darlle a volta e colocarse por diante no marcador. O Xiria, impotente e xogando xa con máis corazón que cabeza, caía presa da desesperación segundo ía pasando o tempo, os nervios apoderáronse dos locais que quixeron remontar o encontro con accións individuais recordando aos peores momentos deste Garaysa.

Ao remate 26-30, unha mágoa que trunca a racha de vitorias pero que non embaza a boa traxectoria que está amosando este equipo, que de seguro, lles traerá novas alegrías.