ASESORÍA SUEIRO XIRIA 52 – C.B TECHNOVIDEO PONTEDEUME 11

07/11/2004 4ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Miguel, Cuco ( 6 ), Alejandro ( 2 ), Hugo ( 1 ), Cristophe ( 9 ), Carlos ( 7 ), Rodrigo ( 3 ) – equipo inicial – Iván, Miguel Díaz ( 3 ), Aitor ( 5 ), Anxo ( 2 ), Alberto ( 1 ), Chimpo ( 11 ), Gonzalo ( 2).

C.B. TECHNOVIDEO PONTEDEUME: Andrés, Jorge ( 2 ), Diego , Cristian ( 1 ), Pablo ( 1 ), Alejandro ( 1 ), David ( 6 ) – equipo inicial – José, Sergio, Adrián, Emilio, Javier, Víctor, Diego.

O Asesoría Sueiro Xiria disputou este domingo no Pavillón da Zona Escolar o encontro correspondente a 4ª Xornada da Liga Territorial Xuvenil ante o CB Pontedeume obtendo unha ampla victoria por 52 – 11.

Careceu de historia este encontro que xa no minuto sete reflexaba no marcador un resultado parcial de 7 – 0, que xa facía presaxiar cal ía a ser o desenrolo do encontro.

Un rival moi feble e unha xogo sen accións innecesarias por parte dos carballeses que se adicaron a maior parte do encontro a defender e correr o contraataque foi todo o que se puido ver.

A próxima xornada o Asesoría Sueiro Xiria desprázase a Ferrol para xogar fronte o Tirso o derradeiro partido da primeira volta desta fase da liga.

O colexiado Sr. José Pérez tivo un encontro moi cómodo mais cometeu erros graves.