BUEU ATL.BALONMÁN: 34 – GRUPO LEMACO XIRIA: 33

CADETE DIVISIÓN DE HONRA

Bueu ATL.BM (19+15): Raul, David(4),José(14),Brais(4),Carlos(3),Pedro(1),Barreiro(3), Manuel(5) – Equipo inicial – López, Iván, Abel, Javi.

Grupo Lemaco Xiria (17+16): Antonio, Carlos(8),Gabriel(4),José(3),Borja(1),Iván(8), Juanca(5) – Equipo inicial – Alex, Andrés, Souto, Tito(1), Xurxo, Dani(3), Alberto.

O equipo de E.BM.Xiria en categoría cadete, iniciaba a súa andaina nesta segunda volta da división de honra da categoría coa ambición de derrotar ao lider da competición, o BM.ATL.Bueu e, deste xeito, dar un paso máis para acercarse a os dous primeiros postos da táboa clasificatoria. Os xogadores do Grupo Lemaco, que veñen demostrando unha notable progresión con respecto ao primeiro encontro da competición, que lles enfrontou ao equipo de Bueu, partían hacia terras pontevedresas moitos máis seguros das súas posibilidades neste novo enfrontamento entre os dous conxuntos.

De calquer xeito, o envite comenzaba co equipo carballés frío e desubicado, de ahí o 5-1 de parcial encaixado nos primeiros minutos. Despois dun tempo morto solicitado polo técnico verdibranco, os de Carballo voltaron con novos folgos a pista e o 2-5 de parcial conseguido nos cinco minutos posteriores, metía de cheo aos bergantiñáns na loita polos dous puntos.

Os ataques dos dous conxuntos, superaban con facilidade as defensas contrarias e os gardamallas, tiñan serias dificultades para levar a bo término o seu traballo, de ahí o avultado 19-17 que reflectía o electrónico nos primeiros trinta minutos de xogo.

A reanudación, comenzou como rematara o primeiro acto e o conxunto local, dominaba o marcador, non con grandes diferencias, pero si con distancias cómodas de tres e catro goles. Os defensores de Xiria, seguían pouco contundentes en tarefas defensivas e, tanto a primeira liña local, como, sobre todo, o seu extremo esquerdo, José, facían moito dano a retagarda carballesa.

Chegabase a os últimos cinco minutos de partido e a diferencia de catro goles a prol do BM.Bueu, parecía que daba xa por feito a victoria local, pero, un parcial de 2-5 neste tempo, apretaba as cousas ata a mínima diferencia final no último súspiro e sin tempo xa para que o Grupo Lemaco, dera a volta definitiva ao marcador.

O conxunto de Xiria, que segue a ocupar a quinta posición da clasificación a pesar de esta derrota, espera a visita de todo un clásico na próxima fin de semana, o Octavio de Vigo,clube que sempre se caracterizou por ter unha boa canteira e que xa fora derrotado polos de Carballo na primeira volta. Os olívicos, ocupan a oitaba praza da táboa, a cinco puntos dos de Xiria.