Crónica do Bueu Atlético 20 – Goldie Xiria 24
Manuel Rey / 28 Outubro 2013
BUEU ATLETICO 20 – GOLDIE XIRIA 24 (10-13)
BUEU ATLETICO: 20 (10+10): Antía (p), Ainoa 2, Loira 7, Patricia 2, Fazanes 4, Sandra 3, Sara 1 (equipo inicial) Vázquez (p), Laura, Aida, Paula, Lucía, Lara 1 e Laura
GOLDIE XIRIA: 24 (13+11): Sara (p), María 1, Marta 11, Juana 6, Adriana 1, Tamara, Jessica 2 (equipo inicial) Brenda (p), Isa, Patricia, Lucía 2, Raquel, Sandra 1, e Manon
Marcador cada 5 minutos: /2-2//3-4//6-5//6-7//7-9//10-13//—–/11-13//14-16//17-17//18-20//18-22//20-24/
INCIDENCIAS: 6ª Xornada da Primeira División Autonómica Feminina. 26 Outubro 2013 no Pavillón Municipal de Bueu, 150 espectadores.
Arbitraron: Borja Pazos e Anxo Moreira, boa labor.
Chegou a primeira victoria nun gran partido disputado polas xogadoras do Goldie na tarde do sábado en Bueu.
Como acontecera a pasada semana, partido de grande intensidade defensiva durante os 60 minutos, cunha defensa 6:0 que, pouco a pouco, ía maniatando ás lanzadoras rivais e complicándolle a vida a súa pivote. Saiu moi forte o Bueu, con intenso ritmo de balón en ataque e contínuas progresións que dificultaban o labor defensivo do Xiria, que a súa vez e, por medio do aproveitamento do contraataque, cobraba a súa primeira vantaxe no minuto 10 de partido, ampliándoa chegado o descanso. As boas combinacións con Marta no ataque e o bo facer de Sara na portería foron determinantes nesta metade e o serían para a victoria final.
Volveuse a meter o Bueu no partido acadando ese empate a 17 mediada a segunda metade e incluso, aproveitando as exclusións do Goldie, púxose por diante no marcador. Pero novamente as xogadoras do Goldie volveron a demostrar a súa madurez e seriedade, apretouse novamente en defensa cunha extraordinaria María no centro e resolvéronse as boas ocasión en ataque, chegándose a ese cómodo marcador final de 20 a 24.
A vindeira xornada o Goldie Xiria visitará Ferrol para medirse ao Bm. Ferrolterra
