Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 31 – BM. TUI 23

DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL MASCULINA – XORNADA 5 Garaysa Xiria (15 + 16): Roi (6), Samuel, Cristopher (1), Ronaldo, Mario, Pombo (1), Brais (2), Fran (4), Andy (2), Pablo (1),…

DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL MASCULINA – XORNADA 5

Garaysa Xiria (15 + 16): Roi (6), Samuel, Cristopher (1), Ronaldo, Mario, Pombo (1), Brais (2), Fran (4), Andy (2), Pablo (1), Antón (3), Urbieta e Vila (11).

Bm. Tui (13 + 10): Xabier, Lucas (2), Carlos (4), Brais (2), Diego, Iván (1), Leiras (13), Pedro (1), Sergio e Samuel.

Os infantís do Xiria acadaron a súa 3ª vitoria consecutiva contra o recentemente ascendido Bm. Tui, nun partido moi traballado, cunha primeira parte moi igualada no marcador e cunha segunda metade de claro dominio local.

Os carballeses comezaron o encontro moi fortes en defensa, sabedores de que frear o ataque do seu mellor xogador, Leiras, sería crucial para acadar a vitoria. Antón foi o primeiro e fixo un traballo defensivo espectacular, axudado por Pombo no extremo e por Brais no avanzado que pecharon perfectamente os 1×1 do lateral do Tui. Todo o equipo respondía moi ben en defensa e so o lanzamento exterior mantiña aos visitantes preto no marcador. Mentres o Xiria resolvía os seus ataques con bastante claridade. O 15-13 ao descanso deixaba todo aberto pero as sensacións no xogo eran boas.

Na segunda metade o Xiria adiantou un pouco máis a súa defensa, facendo un bo traballo de presión aos primeiras liñas do Tui. Dende ese momento os locais comezaron a romper o partido con continuos roubos de balón case no medio campo e rápidos contragolpes, acadando diferenzas de ata 10 goles.

31-23 ao remate do encontro, diferenza que puido ser maior de non ser polos numerosos lanzamentos de contraataque errados na segunda metade.

Na vindeira xornada o Xiria infantil viaxará de novo a Vigo, a horas intempestivas, para enfrontarse ás 9:30 h da mañá ao Bm Carballal, outro equipo novo na categoría.