Os cadetes do Montaxes Carballo Xiria afrontaron esta primeira fase con ilusión, traballo e moito compromiso. O grupo foi dividido en dúas equipas equilibradas —Xiria Verde e Xiria Branco— co obxectivo de lanzar retos a todos os xogadores, independentemente do seu nivel, garantindo minutos de calidade e responsabilidade colectiva.
A equipa Montaxes Carballo Xiria Verde, encadrada no Grupo E, logrou unha fase espectacular: primeiro posto, 100% de vitorias, mellor ataque (285 goles) e mellor defensa (156 encaixados) do grupo. Un rexistro impecable que reflicte o bo traballo feito.
Pola súa parte, a Montaxes Carballo Xiria Branco, no Grupo D, tamén acadou a clasificación como un dos mellores segundos, con 5 vitorias e só 1 derrota. A pesar de empregar unha defensa máis avanzada, foi o mellor ataque do grupo (275 goles) e a 3.ª mellor defensa (191 goles recibidos).
Entre as dúas equipas, foron o 1.º e 2.º mellor ataque de toda a Liga Prata, un dato que fala da súa capacidade ofensiva e intensidade no xogo.
Ademais, varios xogadores tiveron minutos coa equipa xuvenil, enfrontándose a rivais de maior idade e gañando experiencia valiosa.
Agora agardamos polo sorteo da seguinte fase para poder planificar os vindeiros meses con ambición e co obxectivo de seguir medrando como equipo.


