CAFES TOSCAF 27 – CALVO XIRIA 26

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 12
10/12/2011 CAFES TOSCAF 27 – CALVO XIRIA 26
Cafés Toscaf 27 (13+14): Sergio [p], Avelino (6, 3 de 7 metros), Israel, Conlledo (3), Ricardo (3, 1 de 7 metros), Jorge (2), Agundo (2) -equipo inicial- Fernández [p], Veleda, Rubén (1), Adrián (6), Silverio (1), González, David Prieto (3).

Calvo Xiria 26 (13+13): Iago[p], Ramón, Alex García (1), Jesús, Sergio (2), Manuel (3), Alex Zas (1) -equipo inicial- Kike[p], Naya [p], Miguel (2), Dubra (2), Pablo (9, 3 de 7 metros), David (5).

Colexiados: Jesús Álvarez e Jesús García do colexio asturiano. Excluíron aos locais: Daniel (23´) e Avelino (29´, por protestas), a Israel amosáronlle cartón vermello no 15´, aos xogadores visitantes: Ramón (8´, 31´, 34´), Sergio (35´), Miguel (42´), Alex Zas (46´) e Alex García (47´e 58´), tamén ao adestrador Marcos Rodríguez (48´).

Marcador: 1-1, 3-4, 5-6, 6-8, 9-11, 13-13 (descanso); 13-15, 17-18, 18-20, 21-23, 24-26, 26-27 (final).

7 metros: E: 4/ 8 ### Calvo Xiria: 3/ 4
Non acaba de atopar a regularidade o Calvo Xiria nesta tempada de 1ª Nacional e no partido que disputou ante o Cafés Toscaf no Pavillón “La Magdalena” de Avilés caeu derrotado por un axustado 27 – 26.

Principiou o partido cos dous equipos totalmente descentrados e as perdas por unha e outra banda era a constante de xogo. A defensa carballesa non aparecía por parte algunha e só a actuación de Iago, ao longo dos sesenta minutos, fixo que o Toscaf non puido coller diferenzas no marcador. O ataque carballés amosábase pouco preciso e a defensa non funcionaba ao nivel desexado. No minuto 15´ os colexiados amosaron cartón vermello directo a Israel por un fortísimo golpe na faciana de Álex Zas que tiña que pasar polo vestiario para ser tratado e poder seguir xogando no segundo tempo. Así e todo o Calvo conseguiu as primeiras diferenzas, e o que era máis importante, pouco a pouco impoñía no partido o ritmo de xogo que lle interesaba. Os avilesinos non permitiron que en ningún momento a diferenza crecese demasiado e nunha nova serie de desatinos na defensa carballesa permitiron que ao remate do primeiro período o marcador sinalase un empate a 13 goles que deixaba en todo o alto as espadas par ao segundo tempo.

O Calvo Xiria foi quen de mandar ata o minuto 55, pero pagando un alto prezo. O desgaste físico dos xogadores carballeses no segundo tempo foi enorme, e nos derradeiros cinco minutos pasou factura, xa que non foi quen de elixir as mellores opcións nos ataques dos que dispuxo. O desgaste debiuse a ter que xogar OITO VECES CUN XOGADOR MENOS (POR NINGUNHA DO SEU RIVAL). O arbitraxe permitiu aos xogadores avilesinos unha dureza que nin por asoma se permitía na outra área, e pouco a pouco fóronse achegando ao Calvo para dar o golpe que resultaba definitivo a falta de dez segundos para rematar o partido (como non, en superioridade numérica).

A primeira volta desta liga péchase para o Calvo Xiria a vindeira xornada. Será no Vila de Noia nun novo derbi provincial, desta volta ante equipo do Conservas Boya.