Ifecgás Pereira Xiria: 27 (11+16): Zúpez, Bouzas(2), Martín(2), Javi(8), Anes(4), Álex, Rubén Gómez (2) -equipo inicial- José, Mario, Calvete (2), David (7), Edu.
Rasoeiro Bm.: 23 (11+12): David, Roberto (2), Adrián (6), Diego (7), Álex (3), Guille (4), Christian (1) -equipo inicial- Dani, Campos, Ángel, Prol, Iván, Cabaleiro.
Colexiados: Abel Juncal e Farruco Soliño.
O Ifecgás Pereira Xiria, que protagonizou o seu peor encontro no que vai de tempada, a punto estivo de tirar pola borda o obxectivo de ocupar os primeiros postos da clasificación ao remate da liga regular.
O equipo de Carballo saíu o parqué do pavillón Vila de Noia excesivamente confiado, a sabendas que se enfrontaba a un rival moi inferior que ocupa os últimos postos da táboa clasificatoria e que acudía a Carballo tan só con sete efectivos.
O exceso de relaxación e a falta de intensidade propiciaba que os visitantes iniciaran o partido con un 0-4 de parcial ao seu favor, impensable antes de que se iniciase o envite. Os carballeses perdían un balón tras outro e cando non, estrelábanse contra o porteiro visitante. Xa se levaban xogados en torno aos dez primeiros minutos cando o Ifecgás Pereira anotaba o seu primeiro gol. Máis pola diferenza de calidade entre un e outro equipo e polas accións individuais de David García, os de Xiria conseguían empatar o encontro (8-8), pero, a partir de aí, non foron capaces de distanciarse no electrónico, de aí o marcador no descanso, 11-11.
A segunda parte foi máis do mesmo, imprecisións, erros, erros claros de lanzamento e, sobre todo, unha falta de intensidade que facía temer polo resultado final. Foi nos últimos cinco minutos cando de novo David García tomou a responsabilidade para salvar aos bergantiñáns do que parecía unha derrota case segura e establecer o resultado final nese 27-23.
O Ifecgás Pereira Xiria deberá volver a mostrar a alta intensidade que caracteriza ao seu xogo, así como o alto nivel competitivo ao que nos ten acostumados se quere facer un pleno de vitorias nos tres partidos que lle quedan por disputar antes do parón de Nadal.
A vindeira fin de semana os carballeses viaxarán a Pontevedra para enfrontarse ao Cisne
