CAFÉS TOSCAF 31 – CALVO XIRIA 26

XORNADA 6

24/10/2009 CAFÉS TOSCAF 31 – CALVO XIRIA 26
Cafés Toscaf 31 (17+14): De las Heras (p, 18 paradas), Edu Conlledo (2), Fidalgo (3), Fisas (3), Pablo Hueso (2), Silverio (2), Jose (7, 2 de 7m.) -equipo inicial- Isaac (p), F. Suárez (4), Prieto (1), Rivas (1), J. Suárez, Camilo (2) e Agundo (4).

Calvo Xiria 26 (9+17): Kike (p, 2 paradas.), Cuco (2), Chimpo (4), Pablo (7), Christophe (1), Álex Zas, Alberto (8, 4 de 7m.) -equipo inicial- Iago (p, 10 paradas), Ramón, Ángel, Jesús (2) e Manu (2).

Colexiados: Juan Carlos Rodríguez Mazorra e Alberto Ramos Mardones do Colexio Cántabro.

Parciais: 3-1, 6-3, 10-4, 12-5, 15-7, 17-9 (descanso); 18-10, 21-12, 22-16, 27-20, 30-21, 31-26.
Primeiro tempo: 0-1 (Pablo), 1-1 (José), 2-1 (Silverio), 3-1 (José), 3-2 (Cuco), 4-2 (Fisas), 5-2 (Conlledo), 5-3 (Pablo), 6-3 (Fisas), 7-3 (José), 8-3 (Pablo “Hueso”), 9-3 (Fidalgo), 10-3 (Silverio), 10-4 (Alberto- de 7m.), 11-4 (Conlledo), 11-5 (Pablo), 12-5 (José- de 7m.), 12-6 (Jesús), 13-6 (F.Suárez),14-6 (Rivas), 14-7 (Alberto- 7m.), 15-7 (Fidalgo), 16-7 (Fidalgo), 16-8 (Manu), 17-8 (Camilo), 17-9 (Alberto).
Segundo tempo: 17-10 (Alberto), 18-10 (Agundo), 19-10 (Camilo), 19-11 (Pablo), 20-11 (Agundo), 20-12 (Alberto), 21-12 (Prieto), 21-13 (Prieto), 22-13 (José), 22-14 (Cuco), 22-15 (Pablo), 22-16 (Pablo), 23-16 (Fisas), 23-17 (Christophe), 24-17 (Agundo), 24-18 (Alberto- 7m.), 25-18 (Agundo), 25-19 (Alberto), 25-20 (Chimpo), 26-20 (F.Suárez), 27-20 (F.Suárez), 28-20 (José), 28-21 (Chimpo), 29-21 (F.Suárez), 30-21 (Pablo “Hueso”), 31-21 (José- de 7m.) 31-22 (Chimpo), 31-23 (Alberto), 31-24 (Chimpo), 31-25 (Manu), 31-26 (Jesús).
7 Metros: Cafés Toscaf.- 3 / 2 /// Calvo Xiria. – 4 / 4
Exclusións: Cafés Toscaf.- Jorge Rivas (min. 29), Iván Fisas (min. 32, 37 e vermella no 46), Camilo (min.40) /// Calvo Xiria.- Ángel (min. 26) e Chimpo (min. 53).
Horroroso partido o disputado polo Calvo Xiria no Polideportivo “La Magdalena” de Avilés onde, un ano máis, tivo que renderse ante o bo facer do Cafés Toscaf que dominou o encontro con total claridade e acabou gañando por 31-26.

Despois de que o asturiano Jose neutralizara o gol inicial anotado por Pablo, os seguintes ataques do Xiria constituíron todo un presaxio do que ía ser o partido. Ata catro ocasións tivo o equipo carballés para poder adiantarse no marcador, pero as catro foron desperdiciadas. Superados os nervios do inicio, axiña os avilesinos se colocan cun 3-1 favorable e así, despregando un xogo moi vistoso adornado por unha ampla gama de cruces, van ampliando a vantaxe ata que a rentes do ecuador desta primeira metade conseguen alcanzar unha diferenza de sete goles (10-3). A defensa do Xiria non axudaba moito e mentres o gardameta De las Heras parecía que tiña un imán para atraer os balóns, na outra portería entraban con máis facilidade, polo que o técnico Marcos Rodríguez decide colocar a Iago baixo paus. No plano ofensivo: os pasos, as faltas en ataque, os erros na finalización das contras e as perdas de balón eran constantes; isto explica que neste momento os de Carballo unicamente tivesen marcado tres dianas. O tempo ía pasando e os visitantes continuaban cometendo os mesmos erros. Por sorte e como se por inercia se tratase, tamén baixou o nivel atacante dos cafeteiros que, con todo, aínda conseguiron acrecentar a súa vantaxe nun gol máis. A dous minutos do descanso o luminoso sinalaba un 17-9 que xa non se moveu grazas a que Iago detivo un lanzamento de sete metros e a que Alberto non puido aproveitar un lanzamento de golpe franco despois de que xa tivese soado a bocina.

Tras o paso por vestiarios houbo que esperar máis de dous minutos para que Alberto marcase o primeiro gol deste segundo acto. Os de Carballo seguían cometendo pasos, faltas en ataque e fallando lanzamentos; mentres os do principado dedicáronse a administrar a renda conseguida. Así con eles só preocupados por deixar correr o tempo, chégase ao minuto quince cun 22-16. O Xiria aproveita a terceira exclusión do seu pivote Iván Fisas para acercase ata os cinco goles (25-20) e cunha defensa 4-2 rouba balón para colocarse a catro. O intento de reacción axiña foi abortado e a Avilesina incluso volveu a ampliar a súa renda, pasado o minuto 55 gañaba por 31-21 (máxima diferenza do partido). Nos minutos finais os de Carballo conseguiron maquillar un pouco o resultado reducindo a vantaxe ata ese definitivo 31-26 co que rematou o encontro.
Gran partido da escuadra asturiana na que sobresaíron o extremo Jose Hernández e o gardameta Charly De las Heras. No Calvo Xiria non podemos salvar a ningún, aínda que o artilleiro Alberto Salgado con 8 tantos de 14 intentos tivo a amarga consolación de ser o máximo realizador deste evento.
O próximo compromiso dos de Carballo será o 7 de novembro cando reciban, ás 19.00 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, a visita do Bm Base Oviedo, actualmente segundo clasificado.