Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 39 – SEIS DO NADAL COIA 22

Vipecón Xiria 39(15+24): Iván, David (4), Rubén (5), Jorge Viñas (5), Martín Alfeirán (1), JorgeBouzas (6), Miguel (7) –equipoinicial- Heitor (3), Eduardo (3), Álex (4), Bisbi, Javi(1). Seisdo Nadal Coia…

Vipecón Xiria 39(15+24): Iván, David (4), Rubén (5), Jorge Viñas (5), Martín Alfeirán (1), JorgeBouzas (6), Miguel (7) –equipoinicial- Heitor (3), Eduardo (3), Álex (4), Bisbi, Javi(1).

Seisdo Nadal Coia 22 (10+12): Carlos, Pedro (7), Dani (4), Xoel (2), Xabi (3), Manuel (3), Álex (3) -equipo inicial- Adrián, Oliveira, Ángel, Pablo, Jacobo.

Colexiados: Manuel Docampo e Julio López

O Vipecón Xiria recibía a visita do equipo vigués do Seis do Nadal e obtiña unha nova vitoria que permite aos carballeses continuar liderando a táboa clasificatoria.

O partido comezaba con moita intensidade, os de Carballo, que entraban con moita forza no encontro, tomaban a dianteira, aínda que con diferenzas mínimas. Lonxe de darse por vencido, o Seis do Nadal non lle perdía a cara ao partido e traballaba convencido de que quedaba moito partido por xogar. Os visitantes mantiveron a loita durante toda a primeira metade e os do Xiria non lles ían á zaga. Isto propiciaba un toma e daca constante, que conseguiron ampliar os locais a partir do minuto vinte e que sería case definitivo se non fose polas perdas de balón dos bergantiñáns. O 15-10 do descanso era unha boa renda, pero deixaba as espadas en todo o alto cara a reanudación.

Na segunda metade, o Vipecón Xiria levou o ritmo do partido, fíxose amo do encontro e con unha defensa de alta intensidade poñía terra de por medio no marcador. Os visitantes baixaban entón os brazos e pregábanse ante a superioridade dos de Carballo no día de hoxe, deixando un só nome nos últimos trinta minutos, o do Vipecón Xiria de Carballo. Ao remate, un 39-22 que lles permite os de Carballo seguir no máis alto da clasificación.

Bo traballo de toda a plantilla, destacando sobre todo, os rapaces de primeiro ano, que afrontaron o partido con unha madurez impropia da sua idade, sen botar en falla a David que continua coas súas molestias no abductor.

A vindeira fin de semana os carballeses non xogarán, posto que o seu partido fronte ao Bueu quedou aprazado por mor da convocatoria do carballés David García Pichel coa selección española promesas, a quen lle desexamos dende aquí MOITA SORTE!!.