Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GRUPO MAR CULLEREDO 32 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 28

Grupo Mar Culleredo (16+16) 32: Antonio, Javier (4), Juan Pan, Francisco (8), Nicolas Martínez (2), Dario (5), Juan Miguez, Emilio (1), Roberto, David (1), Nicolás Mallo (11), Pablo. Ifecgás Pereira…

Grupo Mar Culleredo (16+16) 32: Antonio, Javier (4), Juan Pan, Francisco (8), Nicolas Martínez (2), Dario (5), Juan Miguez, Emilio (1), Roberto, David (1), Nicolás Mallo (11), Pablo.

Ifecgás Pereira Xiria (11+17) 28: Miguel, Ramón (1), Sergio (6), Barreiro (2), Rubén, Fernando (2), Manuel (8), Hugo (1), Eloy, Alfredo (3), Javi Zas (2), Aitor, Diego (3).
Árbitros: Manuel Currás Estévez. Regular.

O Ifecgás Pereira Xiria colleitou a súa primeira derrota ligueira na cuarta xornada da Segunda División Autonómica. O equipo de Cristóbal Acueiros deu conta do conxunto carballés, nun partido dominado polos locais. O Grupo Mar sorprendeu a un relaxado Xiria no comezo do choque, índose no marcador cun parcial de 4-1. A reacción do Ifecgas Pereira non se fixo esperar e colocouse a un gol a mediados da primeira parte (6-5). Pero, outra vez, as imprecisións no equipo visitante fixeron que os locais chegaran ao intermedio cunha cómoda renda de cinco goles (16-11).

Un enrabietado Ifecgás Pereira saíu na segunda parte a remontar o partido. Partindo dunha defensa agresiva foise a polo partido, como demostra que nos primeiros tres ataques dos locais terminaron con roubo e contrataque dos visitantes. Pouco a pouco a desvantaxe da que se partía no descanso os carballeses forona diminuindo. E a piques estivo de culminar a súa remontada cando, mediada a segunda metade, conseguía poñerse a un só gol (26-25). A partir de aquí, o partido estivo bastante igualado ata o final cunhas desvantaxes máximas de dous goles. Pero un parcial de 2-0 ao final do partido para os locais sentenciou ao Ifecgás a virse para Carballo coas maletas vacias.

Ao final, vitoria do Grupo Mar Culleredo por catro goles (32-28) que deixa a primeira derrota no casilleiro do Ifecgás Pereira. Derrota da que esperan resarcirse no seu campo frente o Balonmán Lugo a vindeira fin de semana. Destacar o debút no equipo carballés dos xuvenís Ramón e Miguel, este último motivado pola convocatoria co equipo de 1ª do gardameta Guillín.