Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CAIXANOVA OAR 23 – GARAYSA XIRIA 22

Caixanova OAR: 23 (12+11): Iago, Fran (5), Javier, Manuel (4), Carlos, Aitor, Mario (3), Brais, Gonzalo (5), Daniel, Alejandro (3), Ignacio, Miguel (3), Pablo. Garaysa Xiria: 22 (13+9): Jorge, Buño,…

Caixanova OAR: 23 (12+11): Iago, Fran (5), Javier, Manuel (4), Carlos, Aitor, Mario (3), Brais, Gonzalo (5), Daniel, Alejandro (3), Ignacio, Miguel (3), Pablo.

Garaysa Xiria: 22 (13+9): Jorge, Buño, Daniel García (1), Gabriel, Iván Campos (6), Raúl (3), Diego (2), Lolo (2), Alejandro, Iván Calvo (2), Enrique (6).

Colexiado: Pedro Eiras e Pedro Rodríguez

O Garaysa Xiria disputou o encontro correspondente a súa 4º xornada ligueira, e facíao por terceira vez consecutiva en calidade de visitante, visitando, esta vez, a cancha do seu eterno rival o Caixanova OAR da Coruña.

Os de Carballo comezaron bastante ben entoados, afinando a súa defensa co paso dos primeiros compases do encontro, que dominou no marcador dende o minuto inicial, sen grandes diferenzas, pero sempre por diante. A capacidade anotadora dos nosos extremos mantivo a vantaxe sobre os da Coruña que suaban a gota gorda para conseguir ocasións claras de gol ante una defensa 3-1-2, moi forte e intimidante. O 12 – 13 do descanso daba un leve respiro ao Xiria, pero deixaba o partido completamente aberto.

A segunda metade comezou sen novidades, o Garaysa Xiria seguía a manter a vantaxe no marcador aínda que as dificultades amosadas en ataque no primeiro tempo íanse incrementando co paso dos minutos e a aparición do cansancio. O OAR baseaba o seu ataque no xogo dos primerias liñas e o pivote, o que se facía máis evidente conforme se achegaba o asubío final. O Xiria, pola contra encontraba boas situacións de lanzamento no seus extremos Raúl e Enrique. Na recta final do encontro o Caixanova empatou o partido e os nervos apoderáronse do Xiria que cometeu varias accións desafortunadas en ataque (varios pisando e alguna exclusión evitable), que lle deron máis folgos aos locais.

O último minuto de partido resultou de auténtico infarto. O Xiria recupera o balón no 22-21 e con 40’’ de ataque Enrique anota un gol tras una fermosa finta de brazo: 22-22. O Caixanova OAR saca de centro con 11’’ para o remate, tras dous pases, un xogador lanza dende 12 m de distancia, o balón bate na parte alta do pau esquerdo e acaba entrando case sobre a bucina. Final un tanto inxusto despois de todo o traballo realizado pero non queda senón que continuar traballando na mesma liña para seguir collendo forma como equipo. Moito ánimo e vémonos o sábado ás 12:15h da mañá no Pavillón Municipal Vila de Noia no que será o estreo do Garaysa Xiria ante os seus afeccionados, en fronte todo un clásico do balonmán galego, o Bm Cisne.