CAIXANOVA OAR 30 – GARAYSA XIRIA 29
Caixanova OAR 30 (15+15): Adrian, Francisco, Jairo (6), Iago, Manuel (2), Carlos (1), Ángel (5), Aitor, Gonzalo, Daniel (2), Jorge (9), Ignacio (3), Miguel (1). Garaysa Xiria 29 (15+14): Jorge,…
Caixanova OAR 30 (15+15): Adrian, Francisco, Jairo (6), Iago, Manuel (2), Carlos (1), Ángel (5), Aitor, Gonzalo, Daniel (2), Jorge (9), Ignacio (3), Miguel (1).
Garaysa Xiria 29 (15+14): Jorge, Cristian (4), Daniel Garcia, Ivan (3), Óscar, Alberto (5), Julián (12), Enrique (2), Raul (1), Diego(2), Manuel, Daniel Buño, Gabriel, Miguel.
Colexiados: Alfonso Canitrot e Ignacio Obenza.
Disputado e bonito derbi provincial o que se puido presenciar na pista coruñesa de San Francisco Xabier e que puido decantarse para calquera dos dous bandos.
O Garaysa Xiria comezou mandando nos primeiros intres, con dous goles de vantaxe, pero a partir do minuto 5 a tónica xeral da primeira metade foi a igualdade. No intermedio o electrónico sinalaba un 15-15 que intuía un segundo acto, alomenos, tan disputado e intenso como o primeiro.
Na reanudación continuou a igualdade absoluta, ata que unha exclusión do visitante Cristian e as precipitacións por parte dos carballeses permitiu que o OAR conseguise dous goles de renda. Tras unhas boas defensas o Xiria consegue entrar outra vez no partido e incluso dipuxo da derradeira posesión para tentar conseguir o empate.
O vindeiro partido do Garaysa Xiria será dentro de dúas fins de seman, posto que o encontro que debía disputar o equipo carballés fronte ao Bm Lalín a vindeira fin de semana quedou aprazado.