CONVOCATORIA SELECCIÓN ESPAÑOLA PROMESAS
David García Pichel, xogador cadete do Vipecón Xiria, foi convocado para participar nunha concentración coa selección nacional promesas. Os rapaces que prepara Juan Antonio García Herrero concentraranse do 15 ao…

David García Pichel, xogador cadete do Vipecón Xiria, foi convocado para participar nunha concentración coa selección nacional promesas.
Os rapaces que prepara Juan Antonio García Herrero concentraranse do 15 ao 21 de febreiro na localidade madrileña de Xetafe, onde realizarán varias sesións de adestramento en xornada de mañá e tarde.
O xogador carballés xa participou na anterior convocatoria, no pasado mes de outubro, na que o combinado español xogou dous encontros amigables fronte a Portugal así como na concentración nacional cadete que tivo lugar en Soria no mes de xullo.


