CAIXANOVA OAR 31 – VIPECÓN XIRIA 31
Caixanova OAR: 31 (16+15): Vales, Ángel (6), Sergio (7), Jorge (4), Jaime (1), Mateo (3), Dani (5) -equipo inicial- Rodrigo (4), Alvaro (1), García, Doval, Manuel, Guillén, Nacho. Vipecón Xiria:…
Caixanova OAR: 31 (16+15): Vales, Ángel (6), Sergio (7), Jorge (4), Jaime (1), Mateo (3), Dani (5) -equipo inicial- Rodrigo (4), Alvaro (1), García, Doval, Manuel, Guillén, Nacho.
Vipecón Xiria: 31 (18+13): Zúpez, Edu, Martín (9), Javi (2), Jorge (3), Álex (7), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- Miguel, Óscar, Calvete (2), Julián (4), José, Cristian, Rubén Anes.
Colexiada: Águeda Bravo.
Excelente partido o que disputaron OAR e Xiria na pista coroñesa de San Francisco Xabier. Dous dos equipos chamados a loitar polo campionato e que chegaban a este choque ocupando o primeiro, Vipecón, e segundo, OAR, postos da táboa clasificatoria. Tras esta igualada os carballeses pasan a ser segundos e os heculinos terceiros, véndose ambos equipos superados nun punto pola Bm Lalín, novo líder da competición.
Dende o inicio, os xogadores carballeses sairon moi decididos a conseguir os dous puntos en xogo e puxeron unha intensidade certamente alta no envite. O xogo rápido e móbil no contraataque, propiciado por unha actitude defensiva chea de contundencia e solidariedade entre todos os compoñentes do plantel posibilitaban que os visitantes entraran no encontro como un autentico vendaval, como así o demostraban os parciais de 0-3, 1-4 e 1-5. A partir de este intre, os da Coruña reaccionaban para devolver o parcial aos de Xiria e poñer as táboas no marcador, 5-5. Os minutos restantes da primeira metade do encontro foron moi igualados, aínda que sempre con un Vipecón lixeiramente superior e que comandaba o marcador con curtas distancias. Ao intermedio chegábase con un 16-18 a prol dos visitantes.
Nada foi distinto na segunda parte, a igualdade foi a tónica que predominou durante os últimos trinta minutos, transmitindo un partido vibrante para todos os expectadores que se deron cita nas bancadas. Os carballeses puideron adiantarse ata en tres ocasións cunha renda de tres goles, pero non eran quen de despegarse definitivamente no marcador. Deste xeito chegouse aos últimos trinta segundos do partido cun 31-31 e balón para os do OAR, pero os bergantiñáns souberon defender este punto que os situan no segundo posto da clasificación a tan só un punto do Balonmán Lalín.
Despois do paron do Nadal, o Vipecón Xiria reanudará a competición ligueira, na que será a derradeira xornada da primeira volta, a mediados de xaneiro en terras carballesas, enfróntándose á S.D. Octavio Vigo.