Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

Convenio de colaboración co Ademar

SCOLAS DE BALONMÁN XIRIA E ADEMAR DE LEÓN EXPLICARON A SEAREIROS, PAIS-NAIS, PATROCINADORES, AUTORIDADES, DOCENTES, TÉCNICOS E XOGADORES, O CONVENIO DE COLABORACIÓN QUE REXERÁ A NOVA RELACIÓN ENTRE AS DÚAS…

SCOLAS DE BALONMÁN XIRIA E ADEMAR DE LEÓN EXPLICARON A SEAREIROS, PAIS-NAIS, PATROCINADORES, AUTORIDADES, DOCENTES, TÉCNICOS E XOGADORES, O CONVENIO DE COLABORACIÓN QUE REXERÁ A NOVA RELACIÓN ENTRE AS DÚAS ENTIDADES
Os clubs Escolas de Balonmán Xiria e Club Deportivo Ademar León asinaron na tarde do martes, 28 de decembro, un convenio de colaboración que persigue evitar a perda de fúturos talentos neste deporte. O acto de sinatura celebrouse no CEIP Fogar. Este lugar foi elixido por ser o berce do club carballés e no que se iniciaron a maioría dos xogadores do Xiria, reforzando así, aínda máis, a estreita colaboración que mantén o centro educativo, tanto dende a súa dirección como dende o ANPA, coa entidade deportiva. Neste acto, ademais dos asinantes, os presidentes de ambos clubs, Carlos Pollán por parte do Ademar e Álex Cousillas por parte das Escolas de Balonmán Xiria, participaron José Luís Pérez Ouro, presidente da Federación Galega de Balonmán, Jesús Pedrido, do Comité de Árbitros, Jacobo Cuétara, 2º adestrador do equipo de Asobal do Ademar e coordinador das categorías de base, Marcos Rodríguez, adestrador do Calvo Xiria e coordinador da base das Escolas de Balonmán Xiria, Evencio Ferrero, alcalde de Carballo e Fernando Garea, director do CEIP Fogar.
Posteriormente o dirixente e técnico do club leonés visitaron as instalacións deportivas da Zona Escolar, para inmediatemente desprazarse ata o IES Alfredo Brañas. Alí levouse a cabo, unha charla acerca do balonmán e dos termos de este convenio. Na charla interviñeron ademais dos citados anteriormente, Luciano Calvo, presidente da Agrupación Deportiva Xiria e principal patrocinador do club carballés, e José Antonio Rodríguez Fraga, vicepresidente das Escolas de Balonmán Xiria. Entre o público asistente, rapaces do equipo sénior, da base, pais e nais e patrocinadores, autoridades, tamén se atopaban varias persoas dunha importancia moi grande na historia do Xiria, como os ex adestradores Toni García, Javier Barrios e Juan Fernández ou os míticos Juan Ramón García del Río e Francisco Díaz del Valle.
Este acordo, ademais de posibilitar posibles incorporacións de rapaces carballeses á base do club leonés, tamén inclue a realización de accións comúns tanto a nivel formativo para xogadores e adestradores como competitivo, posto que os equipos de base de ambas entidades participarán nos torneos que organice o outro club. O Ademar terá un seguimento máis preto da canteira do Xiria, facilitando a aqueles rapaces, que ambos clubs consideren, a posibilidade de realizar adestramentos co club leonés, e de fructificar dito seguimento as Escolas de Balonmán Xiria renunciarían aos dereitos de formación a cambio de que o xogador continue a súa progresión no Ademar, incorporándose ao programa de becas do club leonés, que inclue formación deportiva, académica, aloxamento e manutención.
Ademais tamén se prevé que un dos equipos sénior do Ademar, o de Asobal se o seu calendario e planificación o permiten ou o de División de Honra Prata, dispute un encontro amistoso anualmente en terras carballesas.

Máis sobre isto