CALVO XIRIA 32 – MECALIA AT. NOVAS 43
XORNADA 21 28/02/2009 CALVO XIRIA 32 – MECALIA AT. NOVAS 43 Calvo Xiria 32 (14+18): Quique, Cuco (4), Angel (2), Jesús (2), Alex (3), David (7) e Dubra (3) -equipo…
XORNADA 21
28/02/2009 CALVO XIRIA 32 – MECALIA AT. NOVAS 43
Calvo Xiria 32 (14+18): Quique, Cuco (4), Angel (2), Jesús (2), Alex (3), David (7) e Dubra (3) -equipo inicial- Iago, Pablo (5), Chimpo (1), Borja (2), Bruno (1), Manuel e Iván (2).
Mecalia At. Novás 43 (21+22): Esteban, Rafa (6), Pablo (4), Ramón (5), Jorge (4), Germán (6), Víctor (5) -equipo inicial- Daniel (3), Yago (6), Manuel (2), Roberto (2), David.
Colexiados: Srs. Mata Cifuentes e Vázquez de Prada, recibiron polos dous bandos demasiadas protestas para un partido que non tivo complicación algunha.
Parciais: 1-4, 3-8, 7-10, 10-14, 11-19, 12-21, 15-25, 17-29, 20-31, 23-35, 28-38, 32-43
Chegaba o Novás a Carballo como líder do grupo “A” da Primeira Estatal Masculina e amosou os argumentos cos que acadou esta posición.
Partido sen practicamente opcións para o Calvo Xiria que dende o primeiro minuto foi, e comportouse como tal, inferior ao At. Novás. Unha defensa moi pasiva e sen contactos permitiu que a través dos lanzamentos de Rafa os visitantes acadasen as primeiras diferenzas importantes no marcador que levaron a un tempo morto cando o resultado parcial era de 2-8. Só unha dobre exclusión se transformou nunha tímida reacción do equipo carballés que parecía que quería entrar no encontro e achegouse no marcador ata un 7–9, pero a partir deste momento viuse ben ás claras o porqué da situación de cada equipo. Por unha parte o Novás rompeu o encontro baseándose nunha forte e contundente defensa coa aportación da portería que recuperaba balóns, outros llos regalaba o conxunto local, transformándoos en contras rápidas finalizadas sempre con éxito o que unido a un ataque sinxelo, pero con velocidade e determinación, levaba o resultado no minuto vintecinco a un 11–19 que deixaba o partido sentenciado. O parcial de 4–9 tamén foi froito dun penoso ataque por parte do Xiria que non se achegaba á defensa rival nin tiña ideas para atopar situacións cómodas de lanzamento. Debería o Calvo Xiria de tirar conclusións deste partido e reencontrarse coas armas coas que iniciou a liga: defensa e contraataque.
A segunda metade sobrou e só valeu para que o conxunto local valore a unha afección volcada co seu equipo e que non parou de animar a pesar do marcador e do mal xogo despregado neste encontro. Dende logo debería de tomar nota e tratar de levar esa mensaxe ao terreo de xogo nas derradeiras cinco xornadas para acadar o obxectivo de manterse na categoría.