EM CAMARIÑAS FEM 14 – PROCASA XIRIA 26
EM Camariñas Fem 14 (8+6): Dans, Blanco, Canosa (8), Carril, Caamaño (3), Botana, Pasantes (2) – equipo inicial – Martínez (1), Pose. Procasa Xiria 26 (10+16): Óscar, Cristian (5), Marc…
EM Camariñas Fem 14 (8+6): Dans, Blanco, Canosa (8), Carril, Caamaño (3), Botana, Pasantes (2) – equipo inicial – Martínez (1), Pose.
Procasa Xiria 26 (10+16): Óscar, Cristian (5), Marc (3), Alberto (4), Alberte (1), Manuel (5), Jorge (1) -equipo inicial- Iván (6), Miguel, Marco (1).
Colexiado: Sr. Goitia, fixo unha boa laboura, dialogando cos xogadores sempre que estes necesitaron aclaracións referidas ao que sinalaba.
Terceira xornada e segundo partido da Liga Territorial Infantil masculina que disputa o Procasa Xiria -a segunda xornada aprazouse por mor de dificultades por parte do Bm Culleredo en desprazarse na data marcada pola federación- e no que se o equipo carballés enfrontouse á EM Camariñas feminino acadando os visitantes unha clara vitoria por 12 goles de diferenza.
Comezou o encontro moi igualado froito dos numerosos erros por parte dos dous equipos que non eran capaces de atopar situacións de lanzamento claras, xa que os balóns se perdían incluso no medio campo, en parte motivado pola baixa temperatura que deparou a mañá do sábado e en parte polos nervios que amosaban os dous equipos.
Conseguíu asentarse antes o Camariñas que chegou a contar con tres goles de vantaxe mediada a primeira matede pero axustes na defensa carballesa e un maior acerto nas accións con balón, sobre todo de cara ao marco rival, fixo que o partido dese a volta ata marcharse ao tempo de lecer con un parcial de 8-10 favorable ao Procasa.
Á volta dos vestiarios o Xiria aumentou a súa diferenza ata os seis goles, máis unha tímida reacción por parte local apertou o marcador ata un 12-15. Pero só foi un espellismo pois nos derradeiros dez minutos só houbo un equipo na pista, o Procasa Xiria que logrou un parcial a favor de 11-2, baseándose na recuperación de balóns a través dunha abafante defensa e rápidas contras que facían caer goles no casilleiro carballés de xeito continuo.