XORNADA 24
20/03/2010 OAR CORUÑA 20 – CALVO XIRIA 19
OAR Coruña 20 (8+12): Abel [p, 17 paradas/ 1 de 7m]; Flavien Mariño, Fabián (5), Joaquín (1/ 1 de 7m), Acuña (4), Pereiro, Miguel Suárez -equipo inicial- Cristian [p], Angeriz (2), Lozano (4/ 1 de 7m), Couceiro (1/ 1 de 7m), Solís (3) e Yoel.
Calvo Xiria 19 (9+10): Kike [p, 15 paradas/ 1 de 7m]; Cuco (2), Pablo (4/ 2 de 7 m), Jesús, Manu (5), Christophe (1), Álex Zas (5) -equipo inicial- Iago [p, 1 parada de 7 m], Ramón, Ángel (1), Dubra (1) e Iván.
Colexiados: Fernando Iñán Arias e José Manuel García Olavarrieta (Cántabros). Excluíron a Fabián (min. 15 e 52), Solís (min. 17), Acuña (min. 24 y 59), Joaquín (min. 45) e Couceiro (min. 49) polos locais e a Ramón (min. 19 e 56), Cuco (min. 25), Zas (min. 29), Dubra (min. 43) e Jesús (min. 51) polos visitantes.
Parciais: 0-3, 2-3, 3-5, 3-8, 7-8, 8-9 (Descanso) 10-11, 12-13, 13-14, 14-14, 16-16, 20-19 (Final).
Primeiro tempo: 0-1 (Álex Zas), 0-2 (Álex Zas), 0-3 (Christophe), 1-3 (Fabián), 2-3 (Acuña), 2-4 (Manu), 2-5 (Pablo), 3-5 (Joaquín/ de 7 m), 3-6 (Pablo/ de 7 m), 3-7 (Cuco), 3-8 (Manu), 4-8 (Couceiro/ de 7 m), 5-8 (Fabián), 6-8 (Lozano), 7-8 (Angeriz), 8-8 (Fabián), 8-9 (Manu).
Segundo tempo: 9-9 (Lozano), 10-9 (Acuña), 10-10 (Álex Zas), 10-11 (Álex Zas), 11-11 (Angeriz), 11-12 (Manu), 11-13 (Ángel), 12-13 (Acuña), 12-14 (Cuco), 13-14 (Solís), 14-14 (Acuña), 15-14 (Solís), 15-15 (Dubra), 16-15 (Lozano/ de 7m), 16-16 (Manu), 17-16 (Fabián), 17-17 (Pablo), 18-17 (Solís), 18-18 (Álex Zas), 19-18 Fabián), 19-19 (Pablo/ de 7m), 20-19 (Lozano).
7 Metros: OAR Coruña: 5 / 3 # # # Calvo Xiria: 3 / 2
Disputouse no Pavillón “San Francisco Javier” da cidade herculina o segundo “derbi” provincial da temporada en Primeira División Estatal. O evento, enmarcado dentro da 24ª xornada de liga, enfrontaba ao equipo local do OAR Coruña contra o Calvo Xiria. A escuadra carballesa conseguira gañar na primeira volta por 31-28, nesta ocasión tocoulle degustar o mel da vitoria aos anfitrións que se impuxeron de forma moi apurada polo apertado resultado de 20-19.
A pesar da derrota. o nutrido grupo de simpatizantes que se desprazaron ata a capital amosaron a súa satisfacción e aplaudiron o xogo despregado por ambos os dous equipos. A nota máis positiva desta fin de semana chegou de forma indirecta coa vitoria do Medicentro en Bueu o que nos permite manter a categoría sen ter que esperar a ver o que acontece nas dúas últimas xornadas.
O partido moi intenso e emocionante estivo caracterizado pola grande actuación das defensas e o acerto dos gardametas. Baseándose na gran mobilidade dos xogadores e na rapidez das accións, o Calvo Xiria axiña se puxo por diante cun esperanzador 0-3 que ben se puido incrementar nun gol máis de non ser por un inoportuno esvarón. Os locais comezaron con moitos problemas en ataque e non daban acertado nas finalizacións, o seu primeiro gol non subiu ao marcador ata o minuto seis. Tras un intervalo para arranxar a rede nunha das porterías seguiron uns momentos de seca goleadora por ambos os dous bandos chegándose ao minuto doce cun 2-4 no electrónico. A situación non parecía do agrado de Pablo Aguirregabíria, adestrador local, que amais de dar progresivamente entrada en pista a Solís e Lozano non tarda en solicitar o seu tempo morto. Mais o Xiria recupera o ritmo e a efectividade que mantivera nos intres iniciais e pouco a pouco vai abrindo unha pequena brecha no taboleiro de marcas. Así pouco despois de superarse o minuto dezaoito, Manu cun auténtico gol dos de garra coloca aos carballeses cun 3-8 favorable, establecendo á que ao cabo sería a máxima diferenza do encontro. Co partido de cara chegaron os nervios e as precipitacións. Os carballeses van desperdiciar unha chea de posesións e así se unimos as acertadas intervencións do meta local con varias infraccións do regulamento (uns dobres, unha falta en ataque, pasos en dúas ocasións e outras tantas exclusións) os herculinos conseguiron empatar o encontro a oitos no minuto vinte e nove. O primeiro acto terminaba cun gol de Manu que adiantaba momentaneamente ao Xiria (8-9) e coa posterior exclusión de Álex Zas.
No segundo tempo os experimentados xogadores oaristas alongaban excesivamente os ataques para minimizar os riscos no lanzamento e conseguen adiantarse por primeira vez aos tres minutos da reanudación (10-9). Pero o Xiria, que a pesar de contar cun día menos de descanso, mantivo a intensidade durante case todo o partido, grazas a dous goles do xuvenil Zas volve a tomar o mando (10-11) e pouco despois ata logra un renda de dous goles. O OAR non se rende e pode empatar a catorces. Despois de cinco minutos co marcador estancado, os locais conseguiron remontar por segunda vez (16-15) no minuto cincuenta e dous. Coa emoción a flor de pel e co marcador reflectindo sucesivos empates e vantaxes dun gol para os de vermello, a falta de 84 segundos para o remate, Pablo desde os sete metros restablece a igualada (19-19). Despois de dúas ocasións erradas a fortuna sorrí ao cadro herculino e fai que o balón vaia caer nas mans de Lozano que non perdoa e establece o que sería definitivo 20-19. Con todo o Calvo Xiria aínda contou cunha pequena posesión de vintecatro segundos na que dispuxo de tres dificultosos lanzamentos, o último co tempo xa cumprido, pero careceu da fortuna que antes tivera o seu rival.
Despois das deportivas felicitacións dos xogadores carballeses e dos aplausos de ambas as dúas afeccións deuse por concluído este apaixonante evento. O final da temporada esta preto e case todo está decidido. Co obxectivo cumprido, agora quedan dúas xornadas para esquecer o “stress” e gozar da competición.