CAIXANOVA OCTAVIO 41 – VIPECÓN XIRIA 28
Caixanova Octavio 41 (19+22): Pablo, Joaquín (5), Andrés (5), Rubén (12), Xacob (3), Abraham (3), Diego (9) –equipo inicial-Ismael, R. Rodríguez (2), Bruno, Adrián, Alberto, Pablo, Poto (2) Vipecón Xiria…
Caixanova Octavio 41 (19+22): Pablo, Joaquín (5), Andrés (5), Rubén (12), Xacob (3), Abraham (3), Diego (9) –equipo inicial-Ismael, R. Rodríguez (2), Bruno, Adrián, Alberto, Pablo, Poto (2)
Vipecón Xiria 28 (15+13): Bisbi, David (9), Miguel (2), Brais (4), Iago (5), Antón (6), Jorge -equipo inicial- Martín, Heitor (2), Iván Eiroa, Luís, Iván.Lorenzo.
Colexiados: Pablo Méndez e Sergio Rodríguez . Non influíron no resultado final.
O Vipecón Xiria disputou fronte ao Octavio un dos partidos maís complicados cos que se pode atopar na Disión de Honra Cadete. Os olívicos xunto co Seis do nadal e OAR son os máximos favoritos para facerse co título.
O partido iniciouse con un equipo carballés fantástico na sua actitude e no seu xogo de ataque e contraataque, aínda que en tarefas defensivas ningún equipo era capaz de parar o potencial atacante do rival. Na primeira metade o partido convertiase foi vibrante e precioso de ver para o público presente nas bancadas, xa que tanto locais coma visitantes despregaban un xogo intenso, rápido e vistoso, moi atractivo para os alí presentes. Foi o Vipecon Xiria un equipo capaz de mirarlle á cara neste primeiro acto ao potente equipo vigués neste, cheo de xogadores un ano maiores que os bergantiñáns. Coa ilusión nas facianas dos rapaces, retirabámonos ao descanso.O marcador 19-15 e o bo xogo dos de Carballo facían albergar as mellores esperanzas.
Pero a verdade, e que na segunda metade, a maior profundidade de banco dos locais unido ao cansancio dos visitantes facía que a vantaxe crecera e que o camiño do Caixanova Octavio cara o trunfo final fose máis prácido do que se intuía antes da reanudación. O adestrador carballés utilizou a todos os seus efectivos que estaban no banco e os vigueses abriron brecha no marcador neses momentos, pero o bo traballo do Vipecón Xiria fronte un rival que lles supera en idade e que o ano pasado foron campións galegos non se pode escurecer de ningún modo. A partir do próximo partido o Vipecón Xiria terá a oportunidade de demostrar o seu excelente momento e transformalo en puntos, xa que comenzará a recibir aos rivais cun nivel máis parello.
O vindeiro partido dos de Carballo será na pista do potente Bueu.