CAIXANOVA OCTAVIO 46 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 24
Caixanova Octavio 46 (24+22): Jorge, Pablo (7), Ramón (4), Fernando (7), Ismael (4), Mouriño (7), Miguel (8) –equipo inicial- Diego, D. Pérez (3), Carlos (1), Jesús (1), Iván (2), Francisco…
Caixanova Octavio 46 (24+22): Jorge, Pablo (7), Ramón (4), Fernando (7), Ismael (4), Mouriño (7), Miguel (8) –equipo inicial- Diego, D. Pérez (3), Carlos (1), Jesús (1), Iván (2), Francisco (2)
Ifecgás Pereira Xiria 24 (8+16): Naya, Ivan (5), Zas (4), David (5), Pombo, Oscar, Dani (2) -equipo inicial- Andrés, Iago (2), Brais (2), Néstor, Antón (4).
Colexiados: Xosé Mª García e Pablo Méndez non estiveron moi atinados, aínda que non influíron no resultado final.
O Ifecgás Pereira Xiria visitaba Vigo para disputar o partido da sexta xornada na División de Honra Xuvenil onde se enfrontaba co poetente Caixanova Octavio, un dos favoritos ao título.
O equipo carballés que deixara unha boa imaxe a pasada fin de semana fronte ao Lalín, sobre todo na primeira parte do encontro, moi lonxe de aquel equipo indolente e con pouca intensidade que viramos en Ourense ou Lavadores. A ilusión estaba polo tanto por todo o alto para que os bergantiñás fixeran un bo encontro, pero a realidade foi ben distinta xa que os visitantes daban de novo a mala imaxe que soen dar fora de casa. O Ifecgás Pereira iniciou o encontro despistado e frío fronte un equipo que se mostrou moi superior no seu caracter competitivo e no saber facer en todas as facetas do xogo. A superioridade dos de Vigo era manifesta, pero antóllabase excesiva, sempre e cando os do Ifecgás Pereira puxeran un pouco de intensidade e amor propio sobre a cancha e despregaran o xogo que de sobra sabemos que poden facer. O Caixanova Octavio mostrabase contundente en tarefas defensivas e a verticalidade dos seus xogadores no contraataque era letal. No ataque posicional o xogo disciplinado a través de procedementos facía o resto para deixar noqueado ao descanso aos visitantes cun 24-8.
Na segunda metade o xogo do Ifecgas Pereira mellorou coa incursión dos seus xogadores cadetes. A intensidade aumentou de forma considerable, David facía moito dano cos seus lanzamentos dende o lateral e o ataque posicional adquiría moito máis sentido e movilidade na man de Iago. Isto propiciou que os de Carballo recurtaran diferencias e plasmaran no marcador unha distancia máis cercana a realidade entre os dous equipos. O parcial de 22-16 na segunda parte fala dun resultado e un xogo moito máis honroso para os carballese, aínda que o 46-24 antóllase un resultado moi doloroso dada a diferencia entre os dous equipos.
O próximo encontro a disputar polo Ifecgas Pereira será en Redondela contra a SAR, outro dos equipos chamados a estar nos postos de honra ao remate da competición..