CAIXANOVA OCTAVIO 53 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 24
Caixanova Octavio 53 (29+24): Eduardo, Crespo (8), Rubén (5), Andrés (10), Adrián (5), Porto (2), Miguel (10) -equipo inicial- Diego, Mouriño (4), Joaquín (1), Dani (3), Bruno, David (5). Ifecgás…
Caixanova Octavio 53 (29+24): Eduardo, Crespo (8), Rubén (5), Andrés (10), Adrián (5), Porto (2), Miguel (10) -equipo inicial- Diego, Mouriño (4), Joaquín (1), Dani (3), Bruno, David (5).
Ifecgás Pereira Xiria 24 (11+13): Naya, Brais (8), Iago (8), Antón (4), Dani, Alvarito (4), Adrián -equipo inicial- Miguel, Bisbi, Jorge Docampo, David García, Mourín, Jorge Viñas.
Colexiados: Carla Diz e Ana Correa.
Disputábase a xornada aprazada no seu día polo temporal que afectou a Galicia. O Ifecgás Pereira Xiria visitaba a cancha de Balaidos para enfrontarse, xa coa permanencia no peto, ao potente Caixanova Octavio de Vigo, equipo que en caso de vitoria acadaría matemáticamente o campionato galego.
Fernando Vázquez, técnico carballés, utilizou o partido para que tiveran minutos todos os xogadores, sobre todo aqueles que empezaron a practicar o balonmán esta tempada ou a anterior e que polo tanto tiveran moi poucas oportunidades ao longo da liga regular. Isto propiciou que o Octavio fose moito máis superior que o que se podía prever sobre o papel e de aí a gran diferenza no electrónico xa no descanso, 29-11.
Os visitantes sabían que o traballo de hoxe era outro, coller minutos, sensacións e experiencias para aqueles xogadores máis noveis e así poder rendir de forma óptima neste equipo en momentos futuros. Álex Zas non viaxou co equipo, xa que estaba convocado para xogar co equipo sénuior en Carballo, e os cadetes que acababan de disputar momentos antes un partido moi duro no contaron con ningún minuto, salvo o porteiro Bisbi, motivado pola lesión de Naya, e Jorge Viñas.
O partido non tivo máis historia, foi frio para o público pola superioridade dos locais no día de hoxe e o marcador,que xa era o de menos reflectía ao final un 53-24 a prol do equipo vigués.