CALFONCAL LAVADORES 36 – GARAYSA XIRIA 26
Calfoncal Lavadores (20+16): Marco, León (4), Fernández (3), Sergio (5), Pablo (3), Villar (6), Alves (4) -equipo incial- Iván (1), Carlos, Raul (5), Borja, Cristobal e A Fernández (5). Garaysa…
Calfoncal Lavadores (20+16): Marco, León (4), Fernández (3), Sergio (5), Pablo (3), Villar (6), Alves (4) -equipo incial- Iván (1), Carlos, Raul (5), Borja, Cristobal e A Fernández (5).
Garaysa Xiria (14+12): Daniel Buño, Daniel García (3), Julián (3), Diego (6), Cristian (3), Raul, Iván (6) -equipo inicial- Jorge, Manuel (3), Óscar, Miguel e Gabriel (2).
Colexiados: Srs. Pérez e Fernández.
Pouco puido facer o Garaysa Xiria no partido aprazado por mor do temporal do 27 de febreiro ante un Lavadores que se amosou moi superior dende o pitido inicial, acadando nos primeiros dez minutos de partido unha cómoda vantaxe de cinco goles, que presaxiaban o devir do encontro. En ningún momento inquetou no marcador o conxunto carballés ao cadro olívico. A diferenza de presenza física entre un e outro equipo resultou un escollo insalvable para os xogadores do Garaysa, que vían como, unha e outra vez, non eran que de deter os ataques encabezados por Borja, que ainda que na acta non se lle anotaron goles si que os conseguiu sendo un pesadelo para os carballeses que non encontraron a fórmula para paralo.
Ainda así e todo non se lle pode negar as gañas que puxeron durantes os cincuenta minutos os xogadores do Xiria que trataron de sacar algo positivo dun encontro tremendamente complicado.