CALFONCAL LAVADORES 41 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 22
Calfoncal Lavadores 41 (16+25): David, Manuel (7), Rafa (9), Joaquín (5), Darío (2), Aarón (3), Brais (3) -equipo inicial- Nico (5), Tomás (4), Carlos (1), Campa (1), Iván (1), Manuel.…
Calfoncal Lavadores 41 (16+25): David, Manuel (7), Rafa (9), Joaquín (5), Darío (2), Aarón (3), Brais (3) -equipo inicial- Nico (5), Tomás (4), Carlos (1), Campa (1), Iván (1), Manuel.
Ifecgás Pereira Xiria 22 (11+11): Naya, Iago (4), Brais (7), Antón (3), Dani (3), Jorge Viñas (2), David Mallo (1) -equipo inicial- Bisbi, David García, Adrián, Miguel (2), Martín.
Colexiados: Carla Díz e Ana Correa.
O Ifecgás Pereira Xiria caía derrotado a domicilio na 10ª xornada de liga na División de Honra Xuvenil ante o Calfoncal lavadores por un contundente 41-22.
O equipo carballés contaba para este encontro coa baixa de Álex Zas, convocado co equipo sénior. Sen embargo, este factor non xustifica o desastroso partido dos carballéses fronte un rival moi asequible, que simplemente se dedicou a xogar ordenado e con intensidade en defensa. O encontro foi sempre de cara para os locais, grazas sobre todo á súa maior entrega, actitude e á labor da súa defensa. O Ifecgás Pereira iniciou o encontro despistado e frío, os carballeses xogaban andando e o balón circulaba moi lentamente. O Lavadores xogou moi ben as súas cartas, os seus xogadores estaban atentos, concentrados e contundentes na defensa e aproveitando os contragolpes para marcar diferenzas no electrónico, xa que os xogadores visitantes se amosaban moi indolentes no balance defensivo. No ataque posicional, os de Vigo só se limitaban a aproveitar as facilidades e a pasividade defensiva dos bergantiñáns. Xa no descanso o marcador era favorable os locais por 16-11, grazas a un parcial de 5-0 nos últimos minutos cando o partido ía 10-8 e aínda non se decantara para ningún equipo.
Na segunda metade a dinámica do xogo foi semellante, o Lavadores incrementaba pouco a pouco a diferencia ao seu favor, ata o parcial de 7-0 nos últimos minutos que rematou por aplastar ao Ifecgás Pereira Xiria. Ao remate da contenda, un doloroso 41-22, fai que os de Carballo volten a ocopar o décimo posto da clasificación, a tan só dous puntos do descenso logo da vitoria do Rasoeiro ante o Atl. Novás.
Nos próximos encontros a disputar polo Ifecgás Pereira, os de Carballo xoganse o ser ou non ser na categoría, dúas finais para os de Bergantiños e catro puntos en xogo que hai que gañar como sexa. O primeiro destes choques será o próximo domingo, día 20, ás 12.15 h no pavillón Bergantiños fronte ao Bm Lalín. O segundo será o martes, día 22, ás 19.00 h, na Zona Escolar fronte ao Balonmán Cangas.