XORNADA 16
23/01/2010 CALVO XIRIA 22 – MECALIA ATL. NOVÁS 30
Calvo Xiria 22 (14+8): Kike (p, 4 paradas); Cuco, Chimpo (5), Pablo (1), Alberto (6/2 de 7m), Iván (3), Jesús –equipo inicial– Iago (p, 3 paradas), Ángel (1), Ramón (1), Manu (2) e Álex Zas (3).
Mecalia Atl. Novás 30 (17+13): Esteban (p, 12 paradas); Víctor Armán (2/1 de 7m), Herbello (5/1 de 7m), Pousa (1), Coello (1), Dani Cerqueira (4), Ramón Martínez (9/4 de 7m) –equipo inicial- Santi Fernández (p), Gestido (1), Pope (1), Roberto Rodríguez (5), Germán e Lechuga (1).
Colexiados: Martín Rodríguez e Daniel Portela (galegos). Excluíron a Ramón (min. 18) e Iván (min. 9 e 31) polos locais e a Cerqueira (min. 27), Armán (min. 18 e 41) e a Herbello (min. 52 e 56) polos visitantes.
Parciais: 2-2, 4-4, 5-8, 9-10, 12-15, 14-17 (Descanso) 14-18, 15-19, 15-22, 15-26, 19-27, 22-30 (Final).
Primeiro tempo: 1-0 (Chimpo), 1-1 (R. Martínez/de 7 m), 2-1 (Iván), 2-2 (Gestido), 2-3 (R. Martínez), 3-3 (Pablo), 4-3 (Alberto), 4-4 (Herbello), 4-5 (R. Martínez), 4-6 (Armán), 4-7 (Pousa), 4-8 (R. Martínez/ de 7m), 5-8 (Alberto), 5-9 (Coello), 6-9 (Iván), 7-9 (Alberto/de 7 m), 7-10 (R. Martínez), 8-10 (Chimpo), 9-10 (Chimpo), 9-11 (Cerqueira), 9-12 (Cerqueira), 10-12 (Iván), 10-13 (R. Martínez), 10-14 (R. Martínez/ de 7m), 11-14 (Chimpo), 11-15 (R. Martínez), 12-15 (Manu), 12-16 (Pombal), 13-16 (Alberto), 13-17 (Cerqueira), 14-17 (Chimpo).
Segundo tempo: 14-18 (R. Martínez), 15-18 (Ramón), 15-19 (Herbello), 15-20 (R. Rodríguez),15-21 (Herbello), 15-22 (Lechuga), 15-23 (R. Rodríguez), 15-24 (R. Rodríguez), 15-25 (Cerqueira), 15-26 (Herbello/de 7m), 16-26 (Manu), 16-27 (Herbello), 17-27 (Ángel), 18-27 (Alex Zas), 19-27 (Alberto/ de 7m), 19-28 (R. Rodríguez), 20-28 (Álex Zas), 20-29 (Armán/de 7m), 21-29 (Álex Zas), 22-29 (Alberto), 22-30 (R. Rodríguez).
7 Metros: Calvo Xiria: 2/2 ### Mecalia Atl. Novás: 7/6
Despois de pouco máis dun mes sen disputar compromisos oficiais, o Calvo Xiria non puido estrear o ano con bo pé e en encontro pertencente a 16ª xornada da Primeira División Estatal caeu por 22-30 no Pavillón da zona escolar ante o Mecalia Atl. Novás.
Ambos equipos comezaron un chisco acelerados e desperdiciaron un par de ataques. Co minuto dous xa superado Chimpo conseguiu inaugurar o taboleiro de marcas pero os visitantes nivelaron axiña cun lanzamento de sete metros. Unha perfecta abertura cara o extremo permitiu a Iván anotar o 2-1, pero os do Rosal cerrábanse moi ben no centro, defendendo con gran intensidade e impedindo así aos atacantes do Xiria lanzar con comodidade. Deste xeito, o meta visitante conseguiu realizar dúas paradas consecutivas que permitiron ao seu equipo adiantarse por vez primeira (2-3). Con moito traballo os locais retoman o mando e chegan ao minuto sete cun 4-3 favorable que se puido aumentar nun gol máis grazas a un tremendo lanzamento de Chimpo que infelizmente saíu lixeiramente desviado. A exclusión de Iván fixo cambiar as cousas e o Xiria empeza a deixar ocos en defensa e non é quen de culminar as accións ofensivas. Os rosaleiros conseguen un parcial de 0-5 e chegan ao minuto trece con vantaxe de catro goies (4-8). Coa entrada de Manu o equipo consegue reaccionar e Iván e o incombustible Chimpo ven porta con máis facilidade, así o Xiria consegue aproximarse no electrónico e cando ían transcorridos dezanove minutos de partido chega a poñerse a un gol (9-10). O oficio dos visitantes, moi ben dirixidos por Pablo Herbello, permitiulles abrir unha nova brecha de catro goles e chegan ao minuto vintecatro cun 11-15 a seu favor. Nos últimos minutos desta primeira metade o Atl. Novás baixa un pouco o ritmo e dedícase a administrar a vantaxe, asi cando os xogadores se retiran a vestiarios o luminoso sinalaba un 14-17 favorable para os do Rosal.
A segunda parte comeza cunha nova exclusión de Iván e gol desde os sete metros (14-18) de Ramón Martínez, ao cabo máximo realizador do evento. Os dous equipos marran un par de ataques ata que no minuto trinta e cinco e medio, o xogador local Ramón marca nunha contra (15-18) e consegue así o seu primeiro gol da temporada. A partir de aquí o Calvo Xiria vai botar un cuarto de hora sen ser quen de superar á defensa rosaleira na que destacou especialmente o inconmensurable labor de Dani Cerqueira e Jorge Pousa, perfectamente resgardados por Esteban Pedrosa na portería. Deste xeito a escuadra adestrada por Abel González consegue facer un parcial de 0/8 e chega ao minuto corenta e nove cunha vantaxe de once goles (15-26), máxima diferenza do partido. No derradeiro tramo o Calvo Xiria seguiu loitando contra corrente e aínda que conseguiu reducir algo as distancias, o resultado final de 22-30 non deixa de ser moi avultado.