LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 9
17/11/2012 CALVO XIRIA 25 – R. G. C. COVADONGA 24
Calvo Xiria 25 (13+12): Kike [p], Alex, Jesús, Sergio (5), Chimpo (7), Manuel (4), Cuco (3) -equipo inicial- Naya [p], Gonzalo (3), Mario, Dubra (2), Martín, Brais (1), Ramón.
R. G. C. Covadonga 24 (12+12): Fernández [p], De la Puente (5), Álvarez (6), Alexis (5), Suárez (3), Valdés (3) Camilo (1) -equipo inicial- Ojea [p], García, Vallejo, Amorín (1), Hurias, González.
Colexiados: Roberto Alcalde Golas e David Ramos Montero da Federación Territorial de Castela e León. Regular arbitraxe. Excluíron aos locais Cuco (14´, 40´), Chimpo (15´, 42´, 56´ e 56 ´), Alex (23´), Manuel (26´ e 37´), Ramón (29´), Gonzalo (51´). Por parte visitante viron os dous minutos: Camilo (8´, 36´ e 46´), Alexis (9´), Hurias (39´), De la Puente (48´ e 53´), Álvarez (54´) e ao adestrador visitante Villaldea (56´).
Marcador: 4-2, 7-4, 8-7, 12-8, 13-9, 13-12(descanso); 14-15, 17-16, 19-20, 22-21, 25-23, 25-24.(final).
7 metros: Calvo Xiria: 2 / 5 ### R. G. C. Covadonga: 3 / 4
Moi boa entrada con preto de 375 seareiros no Municipal Vila de Noia que non deixaron de animar ao seu equipo ata o derradeiro intre no que celebraron por todo o alto a vitoria. Un verdadeiro pracer para o Calvo Xiria competir ante unha afección entregada aos seus xogadores.
Visitaba o Pavillón Municipal Vila de Noia un club con moita historia no balonmán español e que logo dunha fonda reestruturación volta este ano á categoría de bronce do balonmán español. Un equipo no que a parcela defensiva é primordial, ao igual que no caso do Calvo Xiria, e que se emprega con dureza para evitar situación sinxelas de lanzamento. Por parte carballesa entraba de novo en convocatoria Brais logo de superar os seus problemas físicos.
E o previsible guión do partido foi o que se mostrou na pista carballesa, agás nos primeiros dez minutos que foron de “demasiada” comodidade para os xogadores que desempeñaban funcións ofensivas.
Dous equipos moi fortes na faceta defensiva, con moito traballo individual e colectivo que puxo en serias dificultades aos xogadores con máis vocación ofensiva. Ningunha acción en ataque, por moi boa que fora, supuña unha vantaxe clara, e como non podía ser doutra forma o papel dos porteiros tamén foi destacado, avalado coma estaba polos seis xogadores que no día de hoxe foron un muro inexpugnable entre os seis e os nove metros, tanto por un coma por outro equipo.
Cas dificultades, moitas, para os lanzadores locais e visitantes, foi a inspiración individual o que permitiu ver goles no partido de hoxe. Logo de mandar no electrónico case todo o encontro viu coma o Covadonga no minuto 45 lograba un parcial favorable de 4 – 2 que facía que o marcador sinalase un 18 – 20 moi preocupante para os locais. A capacidade de sufrimento nos derradeiros catro minutos por parte carballesa foi o punto álxido a un grande encontro, as gañas de vitoria e o apoio incondicional dos seus seareiros fixeron que a situación dese a volta e os puntos fosen para o casilleiro do Calvo Xiria, na que supón a segunda vitoria consecutiva nesta competida liga de 1ª Estatal.
A vindeira xornada o Calvo segue co seu particular duelo cos equipos asturianos desprazándose a Avilés para xogar o sábado ás 18:00 horas ante o Cafés Toscaf .