Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 26 – BM PORRIÑO 27

XORNADA 5 18/10/2008 CALVO XIRIA 26 – BM PORRIÑO 27 Calvo Xiria 26 (10+16): Quique, Cuco, Borja (2), Jesús (3), Pablo (3), David (5) e Dubra (2) -equipo inicial- Iago,…

XORNADA 5

18/10/2008 CALVO XIRIA 26 – BM PORRIÑO 27
Calvo Xiria 26 (10+16): Quique, Cuco, Borja (2), Jesús (3), Pablo (3), David (5) e Dubra (2) -equipo inicial- Iago, Alex (2) , Ángel (4), Chimpo (1), Pombo (3), Manuel e Bruno (1).

Bm. Porriño 23 (12+15): Soliño, Ismael (7), Marcos (4), José (7), Malvar (4), Aitor (4), José (1) -equipo inicial- Sergio, Pablo, Raúl, Alberto, Rodríguez, Jonathan, Antón.

Colexiados: Sres. Valdivieso e Parra, fixeron unha boa labor.

Parciais: 3-2, 4-5, 5-8, 8-9, 10-12, 12-15, 14-16, 16-20, 19-21, 22-24, 26-27.

Primeira derrota do Calvo Xiria na Liga de 1ª Nacional ante o Bm. Porriño en partido disputado no Pavillón Vila de Noia por 26 goles a 27. No descanso o marcador era de 10-12 favorable aos visitantes.

Só nos primeiros oito minutos foi quen o Calvo Xiria de levar a iniciativa no marcador e no xogo. A partir deses intres o Porriño levou o mando con diferenzas que oscilaron entre un e catro goles, sabendo marcar o ritmo que máis lles conviña en cada momento tirando de experiencia e ben facer nos momentos importantes do encontro. Os pontevedreses souberon xogar as súas bazas tanto dende a súa defensa coma no ataque a través de Ismael e José que centraron o xogo ofensivo do seu equipo pero sabendo dar a continuidade necesaria en cada momento.

O Calvo foi sempre un paso por detrás do seu rival cometendo demasiadas imprecisións ao longo dos sesenta minutos tanto na súa defensa –moi pasiva nas situacións de superioridade numérica e nos momentos nos que os colexiados xa avisaran ao Porriño de xogo pasivo- coma no seu ataque no que practicamente non apareceu a fluidez e as accións individuais, en moitos casos precipitadas, foron froito da ansiedade de verse moitos minutos por debaixo do seu rival.

Agora aos carballeses espéranlles tres partidos seguidos fora da casa o que unido ás dúas xornadas de descanso fará que ata o 29 de novembro non volva a xogar de novo en Carballo.