Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

EL CANARIO CATERING 25 – CALVO XIRIA 24

XORNADA 6 25/10/2008 EL CANARIO CATERING 25 – CALVO XIRIA 24 El Canario Catering 26 (14 + 11): Igor, Iago (3), Iulian (5), Ángel (5), Roberto (1), Miguel (6), Nicolás…

XORNADA 6

25/10/2008 EL CANARIO CATERING 25 – CALVO XIRIA 24
El Canario Catering 26 (14 + 11): Igor, Iago (3), Iulian (5), Ángel (5), Roberto (1), Miguel (6), Nicolás (1) – equipo inicial – Francisco (2), Rubén (2), Adrián, Ramón, Manuel, Pablo.

Calvo Xiria 24 (11+13): Quique, Cuco (1), Ángel (1), Bruno (5), Pablo (5), David (4) e Dubra (3) -equipo inicial- Iago, Alex (1), Borja (2), Chimpo (1), Pombo, Manuel e Ramón (1).

Colexiados: Srs. Eleta e Esparza, decisivos no resultado final.

Parciais: 3-3, 5-4, 6-6, 8-9, 10-10, 14-11, 16-13, 19-13, 20-16, 22-18, 23-22, 25-24

A sexta xornada de 1ª Nacional deparou a segunda derrota consecutiva do Calvo Xiria no desprazamento que o levou a Chapela para disputar o encontro que o enfrontaba ao El Canario Catering, o resultado final 25 – 24. No tempo de lecer impúñanse os anfitrións por 14 – 11.

Partido moi igualado o disputado no Pavillón Municipal de Chapela e no que o control sobre o partido repartiuse a partes iguais entre os dous equipos. Primeiros quince minutos nos que as defensas levaron a voz cantante e na que non había un dominador claro. A partires deste intre o Canario foi pouco a pouco marcando o ritmo de xogo que máis lle interesaba apoiado na actuación na portería de Igor que unido ao bo facer da primeira liña tanto en finalización coma combinando co pivote, todo isto unido fixo que acadase unha máxima diferenza de seis goles, 19-13 no minuto 40 de partido.

Mais como ben sendo norma nesta temporada o Calvo reaccionou nos derradeiros quince minutos, subindo a intensidade da súa defensa e comezou a ver porta con mais facilidade o que fixo que pouco a pouco a diferenza no marcador fose diminuíndo ata chegar ao empate a 24. Con cincuenta segundos por disputarse o Xiria iniciou o seu ataque que levou a unha exclusión faltando trinta segundos, logo de catro pases solicitaron os carballeses tempo morto. A partir deste intre as decisións arbitrais foron vitais xa que cando se saíu do mesmo os árbitros sinalaron situación de xogo pasivo e o Chapela recuperou un balón que se transformou nun lanzamento de sete metros, que deixou sorprendidos a todos os presentes no pavillón, a falta dun segundo para o remate do encontro o que levou ao definitivo 25 – 24.

Unha mágoa que o Calvo Xiria cometese demasiados erros nas finalizacións de contraataque de segunda oleada e que non disputase os sesenta minutos coas mesmas armas. Agora agárdanlles aos carballeses dúas fins de semana sen competición.