CALVO XIRIA 26 – EL CANARIO CATERING BM CHAPELA 28

COPA XUNTA – CUARTOS DE FINAL
29/08/2009 CALVO XIRIA 26 – EL CANARIO CATERING BM CHAPELA 28
Calvo Xiria 26 (11+15): Quique, Cuco (4), Ramón, Chimpo (5), Pablo (7), Iván (3) e Jesús (1) -equipo inicial- Iago, Cristophe, Zas, Borja, Álex (1), Dubra (5), Ángel.

El Canario Catering 28 (14+14): Manu, Fran (5), Rober (1), Rubén (6), Adolfo (3), Nico e Pablo (3) -equipo inicial – Kustov, Ángel, Iago (1), Adrián, Ramón, Miguel (2), Chema (5).

Colexiados: Srs. Pérez e León.

Parciais: 2-3, 4-6, 5-10, 7-12, 8-12, 11-14, 13-18, 15-19, 16-21, 21-22, 22-25, 26-28.

Caeu derrotado o Calvo Xiria no enfrontamento de cuartos de final da Copa Xunta de Galicia ante o Canario Catering. O resultado final de 26 – 28 deu o pase ao conxunto de Chapela que xa no descanso vencía por 11-14.

Impúxose o equipo que fixo mellor os seus deberes no inicio do encontro a nas situacións de superioridade numérica. A saída do Chapela cun parcial de 0 – 3 ao seu favor presaxiaba un partido cómodo para os visitantes e máis cando por momento chegaron a ter vantaxes de cinco goles nos momentos de superioridade numérica.

Pero non foi así nin moito menos. Logo dun inicio dubitativo na súa defensa e sen ideas no ataque, o equipo carballés foise asentando e collendo o seu sitio nas dúas facetas e, pouco a pouco, fixo que a igualdade no terreo fose crecendo e que dende o minuto quince se vise un encontro de maior calidade, no que so lle faltou un pouco máis de continuidade e estabilidade no seu xogo aos dous equipos que acusaron o momento da tempada na que se atopan. Tanto foi así que a falta de quince segundos o Calvo Xiria estaba a un gol dos visitantes, pero un despiste defensivo na presión sentenciou o encontro a prol do Chapela que se levou unha merecida e traballada vitoria.