CALVO XIRIA 27 – EL CANARIO CATERING 30

XORNADA 19

14/02/2009 CALVO XIRIA 27 – EL CANARIO CATERING 30

Calvo Xiria 27 (12+15): Quique, Cuco (2), Ángel (1), Jesús (2), Gonzalo (1), David (6), Dubra (2) -equipo inicial- Iago, Alex (1), Manuel (2), Chimpo (4), Pablo (2), Ramón e Borja (4).

El Canário Catering 30 (12+18): Kustov, Iago (3), Decu (4), Angel, Miguel (11), Pablo (3), Roberto (1) -equipo inicial- Francisco, Rubén (1), Adolfo (6), Manuel e Nicolas (1).

Colexiados: Srs. San Pedro e Monjo, fixeron unha boa labor.

Parciais: 2-3, 4-6, 5-8, 8-8, 10-10, 12-12, 15-15, 16-17, 19-21, 21-23, 23-27, 27-30.

Derrota do Calvo Xiria ante El Canario Catering –equipo que ocupa a segunda posición da táboa e que pouco a pouco vai acurtando diferenzas co primeiro clasificado- por 27 goles a 30. No descanso o marcador era de empate a 12 goles.

O choque iniciouse coas perores novas posibles para o Calvo Xiria: os tres primeiros lanzamentos dende os seis metros eran detidos por Kustov, que amosaba, deste xeito, que non ía permitir que os lanzadores carballeses tivesen un día cómodo. Baseándose neste feito e na contundencia do ataque por parte dos seus lanzadores exteriores o Chapela acadaba un vantaxe de tres goles no minuto quince que facía presaxiar moitas dificultades para os carballeses que non atopaban posicións cómodas de lanzamento. Pero a entrada de Manuel no campo a dirixir dende o central o xogo do Xiria fixo que os carballeses tivesen máis profundidade no seu ataque e a actuación de Quique na portería facía que os de Chapela tivesen moitas dificultades para marcar, o que, pouco a pouco, devolvía a igualdade no marcador.

A segunda metade comezou cun recital ofensivo por parte dos dous equipos que esquecían as súas labores defensivas e só a actuación dos porteiros evitaba un marcador máis alto. O Calvo mantíñase no partido pero desaproveitou as ocasións que tivo de mandar no encontro, unha tripla superioridade numérica non foi aproveitada cunha mala defensa e peor ataque que lle deu aire ao Canario que cando recuperou a igualdade numérica e reforzada pola situación salvada aumentou as súas prestacións ofensivas cun Adolfo que leu perfectamente o encontro e abasteceu de balóns de gol aos seus compañeiros. Pola contra o Calvo continuába atopándose con Kustov que acabou sendo un muro para os carballeses sobre todo en contraataques e lanzamentos dende os extremos.

A vindeira xornada tócalle descansar ao Calvo Xiria para afrontar despois seis partidos, catro deles como local, nos que ten a necesidade de puntuar canto antes.