CALVO XIRIA 28 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES 23

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 13
15/12/2012 CALVO XIRIA 28 – LAS CINCO JOTAS LAVADORES 23

Calvo Xiria 28 (14+14): Kike [p], Gonzalo (7), Jesús (3), Sergio (2), Chimpo (8), Manuel, Cuco (3) -equipo inicial- Iago [p], Ramón (1), Jorge, Mario, Dubra (4), Brais, Alex.
Las Cinco Jotas Lavadores 23 (11+12): Dani [p], Mario (7), Dorado (3), Fernando (1), Yago (1), Carrera (1), Corcera (1), -equipo inicial- González [p], Óscar (2), Borja (1), Sergey (4), Álex (2), Tiago, Seoane.
Colexiados: Iván Pereira Meireles e David Rodríguez Lera do colexio de Castela-León. Regular arbitraxe, sen influír no marcador. Excluíron aos locais Manuel (5´), Chimpo (21´), Ramón (33´ e 53´) e Cuco (47´ e 52´), polo bando visitante a Dorado (36´ e 54´) e Silva (46´).
Marcador: 3-2, 6-5, 8-5, 10-8, 11-10, 14-11(descanso); 18-12, 20-14, 22-17, 24-19, 26-22, 28-23(final).
7 metros: Calvo Xiria: 4 / 4 ### Las Cinco Jotas Lavadores: 4 / 4
Moi boa entrada con preto de 350 seareiros no Municipal Vila de Noia

Remataba hoxe a primeira volta da liga de 1ª Estatal, e o rival non podía ser máis perigoso, xa que o conxunto de Lavadores foi quen de levar todos os puntos en xogo ante os carballeses nas dúas últimas tempadas. Isto unido ás baixas xa coñecidas e a unha semana nada habitual de adestramento por mor da condensación na pista carballesa facía que o encontro fose de máxima tensión para o Calvo Xiria.

Non atopou o seu sitio no campo o conxunto carballés, que non era quen defender como é habitual e no apartado ofensivo non tiña fluidez, demasiadas perdas de balón e pouco traballo colectivo. Foron minutos onde se mantivo no partido pola aportación de Kike na portería e de Chimpo no eido ofensivo. Pero con traballo e moita implicación de todos os compoñentes foi poñendo terra de por medio, para chegar ao descanso cun parcial favorable de 14 – 11.

Á saída dos vestiarios viuse un Calvo Xiria renovado no que todos aportaron para facer, en 6 minutos, un parcial de 7 – 1 e deste xeito romper o partido. Dende ese intre dominou o ritmo do encontro. Nin as superioridades numéricas coas que contou no segundo acto o Lavadores nin unha situación de catro contra seis foron suficientes para darlle aos vigueses opcións de levar algo positivo do municipal carballés. Foron trinta minutos nos que de novo a portería local, desta volta con Iago, estivo a un altísimo nivel e no que o conxunto e o traballo colectivo foi a clave destes dous puntos.

Mención especial á capacidade de resolución dende os 7 metros, no que Dubra conta por acertos os lanzamentos dos que dispuxo o Xiria, e xa van catro encontros sen erro.

Logo de romper ante o Lavadores unha racha particular negativa que xa ía por dúas tempadas, quédalle ao Calvo iniciar a segunda volta o vindeiro sábado, tamén no vila de Noia, ás 18:00 h, ante o Cangas nun importantísimo partido, xa que logo virá un prolongado parón motivado polo Campionato do Mundo de Balonmán que se celebra en España e que fará que os carballeses non compitan máis ata o 2 de Febreiro.