XORNADA 10
16/12/2012
Ifecgás Pereira Xiria: 29 (12+17): Zúpez, Rubén Gómez (4), Julián (3), Javi (2), Rubén Anes (4), Jorge (6), Calvete (2) -equipo inicial- José (1), Martín (5), Edu (1), Fidi, Óscar (1), Iván, Alberto.
O.A.R. Coruña: 22 (11+11): Iago, Carlos (2), Sergio (11), Mateo(5), Jaime, Raul (3), Miguel -equipo inicial- Adrián, Nacho, Jorge, Ángel, Dani
Colexiadas: Uxía Méndez e Soraya Abelenda.
Partido da décima xornada de liga na División de Honra Xuvenil que enfrontaba a dous equipos chamados a loitar polo título final. O equipo da Coruña ocupaba a segunda praza da táboa clasificatoria con 14 puntos e os de Carballo a terceira con 13, aspirando a quitarlles esa segunda posición se gañaban o partido, polo que este feito facía que se agardara un duelo certamente igualado.
As previsións non foron erróneas e os dous equipos saíron intensos e concentrados, sabedores do importante dos dous puntos en xogo. A igualdade era a tónica dominante e así o reflectía un parcial de dez minutos a favor de cada equipo e un empate a catro goles nos últimos dez, para deixar o electrónico cunha mínima vantaxe a prol do Ifecgás con aínda todo por decidir na reanudación (12-11).
Nos primeiros dez minutos da segunda metade poidemos observar un cambio, onde o Ifecgás Pereira apretaba os dentes na retagarda e afinaba a puntería no ataque para facer un parcial de 8-3 que pasaría a ser definitivo. A partir deste momento, o control do encontro caeu nas mans dos de Carballo, que dominaron todas as facetas do xogo para impoñerse sen apuros nos últimos minutos con un resultado de 29-22, o que lles da a segunda praza da clasificación e posibilita que na próxima fin de semana poidan ocupar o liderato no caso de impoñerse ao Balonmán Lalín no Vila de Noia.
O partido, que corresponde a quinta xornada de liga e que no seu día foi aprazado por petición do Bm. Lalín disputarase o sábado 22 ás 11:20 h.