XORNADA 3
03/10/2009 MECALIA ATL. NOVAS 33 – CALVO XIRIA 28
Mecalia Atl Novas 33 (13+20): Estaban, Gestido (8), Pombal, Pousa (1), David (9), Dani (4), Ramón (3) -equipo inicial- Campos, Flores, Lechu (4), Fernández (2), Alonso (1), Armán, Rodríguez .
Calvo Xiria 28 (14+14): Quique, Cuco (5), Ángel (2), Chimpo (2), Pablo (6), Alberto (8), Christophe (2) -equipo inicial- Iago, Manuel, Ramón, Dubra (3), Iván
Colexiados: Srs. Valdivieso e Castellanos.
Parciais: 1-2, 3-4, 6-6, 8-9, 9-12, 13-14, 16-17, 19-19, 23-21, 27-23, 30-25, 33-28.
Primeira derrota do Calvo Xiria na presente tempada, foi ante o Mecalia Atl. Novás, un dos equipos destinados a ocupar un dos postos que da paso á fase de ascenso á división de prata.
O Calvo foi quen de mandar durante os primeiros corenta minutos de partido apoiado nunha defensa presionante. Os lanzadores do equipo local –Rafa Gestido e David López (ex do Xiria)- non atopaban situacións cómodas para acadar gol, o pivote non recibía con facilidade e nas poucas veces que atopaban un espazo na defensa carballesa aparecía Quique e as desbarataba. Pola contra non tiveron o día os carballeses no contraataque, numerosas perdas de balón na transición impediron acadar unha diferenza maior coa que poder chegar aos intres determinantes do partido.
Coincidindo cunha situación de superioridade numérica do Xiria, atopou o Mecalia o camiño á porta carballesa da man de David, quen con seis goles consecutivos puxo aos seus en dianteira. A partir do minuto quince do segundo tempo as imprecisións carballesas e os seis minutos de inferioridade decretados polas protestas de Pablo e Chimpo puxeron o partido de cara para os locais, e non desaproveitaron as facilidades concedidas para seguir invictos e permanecer na primeira posición.
